arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
X

Houbo unha vez unha vila na que non se precisaban coches.

Houbo unha vez unha vila na que non se precisaban coches. Precisar... se cadra precisábanse
pero poucos os botaban en falta. Iso non significaba que estivese mal comunicada. Aínda non había grandes pontes nin infraestruturas pero contaba ata con catro embarcadoiros de transporte marítimo
para desprazarse á cidade (Vigo).

Unha vez alí numerosas liñas de tranvía e autobús urbano facilitaban a mobilidade dos cidadáns sen grandes custos.

Hoxe, os cidadáns da mesma vila vense obrigados a ter un vehículo privado para dar resposta ás demandas laborais e disfrutar da oferta social.

Chegamos a un punto no que os habitantes se debaten ante a posibilidade de que se suprima parcialmente a paupérrima oferta de transporte público actual.

É preciso un novo golpe de efecto que nos poña no camiño do bo senso. Que posibilite un equilibrio. Todos somos responsables e todos debemos esixilo e contribuír.

Son ben coñecidos os inconvenientes que xera o transporte privado:

- Custo do vehículo e mantemento (combustible, seguros, impostos, etc.);

- Dispendio de espazo público e privado para aparcamento;

- Atascos por desprazamentos masivos;

- Estrés;

- Frecuencia de accidentes;

- Ruído;

- Contaminación; etc.

...e incluso os problemas que se derivan da inversión en infraestruturas dirixidas ao transporte privado:

- O aumento da capacidade das vías aboca no incremento do número de coches (en xeral, máis carrís provocan máis coches a curto prazo);

- Constitución de límites e barreiras;

- Disgregación urbana e impacto ambiental; etc.

A pesar disto, existe unha vantaxe clara na opinión colectiva acerca do vehículo privado con respecto ao transporte público:

- a liberdade de mobilidade que ofrece para quen pode acceder economicamente a el.

Por outra banda o transporte colectivo ben prantexado e asentado en criterios de sostibilidade (nomeadamente económicos) preséntasenos como a estratexia a seguir e que se demostra claramente capaz noutros exemplos existentes non lonxanos.

A inversión nun bo transporte público traería consigo:

- Rúas e espazos na vila moito máis atractivos e humanos;

- A posibilidade dun transporte de proximidade eficaz sen necesidade de recorrer
practicamente ao coche;

- A diversidade/ intermodalidade de transportes que non supoña custos adicionais
de transbordo aos usuarios;

- A posibilidade de disfrutar do percorrido (inclusivamente dende un punto de
vista lúdico e turístico).

O éxito do transporte público radica (entre outros) en que conte con unha plataforma reservada. É dicir, un carril propio que non se vexa invadido por medios de transporte privados que poidan acarrear retrasos por mor do tráfico.

Compete a Moaña (aos seus habitantes) reclamar unha solución para o seu transporte urbano que deberá integrarse nunha estratexia de actuación supramunicipal ou metropolitana.

A razón é que se trata dun municipio de configuración lineal onde os núcleos de poboación se espallan salvando importantes desniveis.

Calquera proposta deberá contemplar isto con rigor e esmero para dar unha alternativa convincente ao coche.

  • Información
  • Autoría

    Clasificación / Tipología

    Urbanismo

    Ubicación

    36950 Moaña
    PONTEVEDRA | ESPAÑA

    Otra información

    Fecha Terminación: Enero 2010

Galería realización

Participaciones en arquia / próxima

V Edición 2014-2015
IV Edición 2012-2013
III Edición 2010-2011