Verbo de bolsa de traballo

A Fundación Arquia, co obxectivo de fomentar as relacións e colaboracións laborais no eido da arquitectura, así como de contribuír á creación de emprego e a unha meirande xeración de oportunidades de traballo, pon ao dispor das empresas, institucións, estudios de arquitectura, sociedades e profesionais rexistrados na plataforma unha bolsa de traballo gratuíta a que poden acceder para publicar novas ofertas ou inscribirse nas ofertas dispoñibles.
Ademais, ofrece un directorio de diferentes bolsas de traballo clasificadas segundo a tipoloxía e categoría das ofertas de emprego que publican.

Buscador de ofertas de emprego e directorio de bolsas de traballo

Para realizar unha procura de ofertas de emprego e de bolsas de traballo, a páxina da fundación dispón dun motor de procura dende o que se pode filtrar por criterios específicos e localizar, dunha maneira rápida e eficaz, a ficha daquela oferta ou bolsa de traballo máis acorde co que se procura. As bolsas externas son discriminadas polo ámbito xeográfico que abranguen, sector ou especialidade, por se van dirixidas a profesionais ou estudantes, por se teñen un perfil institucional ou empresarial, segundo o cargo que as súas ofertas ofrecen ou se contemplan concursos ou non.


Crear unha nova oferta de emprego

O solicitante debe darse de alta previamente como usuario acreditado FQ.
Unha vez feito o rexistro, debes iniciar sesión co teu usuario e contrasinal e dirixirte a: A miña área privada > A miña área profesional > Bolsa de traballo e premer o botón «Crear oferta» enchendo o formulario específico. O ofertante pode decidir se os seus datos son públicos ou non, así como seleccionar e descartar os candidatos.


Inscrición a oferta de traballo

O candidato debe darse de alta previamente como usuario acreditado FQ.
Unha vez rexistrado, debe iniciar sesión co seu usuario e contrasinal e dirixirse a A miña área privada > A miña área profesional > Bolsa de traballo. Premer o botón «Inscrición» situado en cada unha das ofertas. A fundación ofrece a posibilidade de achegar un CV ou vincular o CV creado na Plataforma FQ.




mi área privada