Novas arquia / bolsa de traballo


Consegue unha praza no Taller de Rehabilitación da exposición Pedra sobre Pedra

29 OCTUBRE 2015 / BOLSA DE TRABALLO

(Consulta a información en detalle no PDF anexo)

O Taller de Ideas para a rehabilitación do convento da Concepción Francisca en Toledo está organizado polo Ministerio de Fomento e a Universidade de Castela-A Mancha para propoñer parte das edificacións que compoñen este extraordinario conxunto monumental como obxecto de estudo de ideas e alternativas de actuación. O taller dispón de 20 prazas para arquitectos titulados desde 2010 e 10 prazas para estudantes do Proxecto Fin de Carreira da Escola de Arquitectura de Toledo.

Os profesores participantes son Toni Gironés, Jesús Irisarri, José Ignacio Linazasoro, Víctor López-Cotelo, Eduardo de Miguel, Pepe Morales, Juan Domingo Santos e Javier Vellés.

Máis información na Secretaría da Escola de Arquitectura de Toledo no correo arquitectura.to@ucml.es

 

mi área privada