Novas arquia / bolsa de traballo


BIENAL DE ARQUITECTURA DE VENECIA 2016: CALL FOR PROJECTS 'UNFINISHED' - DATA LÍMITE: 9 DE FEBREIRO

28 ENERO 2016 / FUNDACIÓN

Lanzada a convocatoria para a selección de obras para o pavillón de España na Bienal de Venecia de Arquitectura en que colabora a Fundación Arquia. 

A data límite de presentación é o 9 de febreiro de 2016

Entre o 28 de maio e o 27 de novembro de 2016 terá lugar a celebración da décimo quinta edición da Bienal Internacional de Arquitectura de Venecia, que, nesta ocasión, ten como tema "Reporting from the Front", baixo a dirección do arquitecto chileno Alejandro Aravena, Premio Pritzker 2016.

Os Comisarios do Pavillón de España, Iñaqui Carnicero e Carlos Quintáns, na exposición"Unfinished" exporán unha reflexión acerca das arquitecturas inacabadas co fin de descubrir virtudes que poidan converterse en estratexias de deseño. "Unfinished" pretende recoller o maior número de exemplos de arquitecturas que respondan a esta temática. Para iso, fan esta convocatoria, cuxo obxecto é a selección de obras construídas en territorio español para a súa exposición no Pavillón de España da Bienal de Venecia 2016.

A data límite para a presentación de propostas é o día 9 DE FEBREIRO DE 2016

 

 

mi área privada