Fase 3: Resultados  

Convocatoria 2011

A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supoñen o coñecemento práctico da profesión e a mobilidade xeográfica, convoca 20 bolsas arquia para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente destinadas á realización de prácticas profesionais en estudios europeos de arquitectura.


Participación

Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pódese optar por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 10 bolsas para cada modalidade. A fin de asegurar unha distribución xeográfica axeitada das bolsas, farase unha ponderación proporcional ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade. Poderán participar os estudantes que superasen nalgunha escola española de Arquitectura, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto e estean matriculados no curso 2010/2011, así como os arquitectos que obtivesen o título de arquitecto nalgunha escola española de Arquitectura con posterioridade ao 30 de abril de 2010.

Expediente académico

Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase en función da media das notas obtidas nas materias superadas da carreira e en función da media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (para tal efecto consideraranse todas as materias que dependan do departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal e como se especifica no anexo I das bases, e faranse constar na inscrición. A inscrición realizarase por Internet a través da páxina fundacion.arquia.es/becas. Ademais, no momento da inscrición deberá achegarse unha copia do DNI/NIE e unha copia da última matrícula ou do título en formato PDF. Posteriormente, a fundación requirirá, no mesmo formato, unha copia do expediente académico que deberá ser enviada dende a área privada que se adxudicará a cada concursante inscrito (á devandita área poderase acceder dende a páxina web introducindo o seu correo electrónico de usuario e o contrasinal). Ver en «Verbo de».

Concurso 2011

Os estudantes serán seleccionados en virtude do material achegado ao concurso. A fundación confiou a Nieto Sobejano, Arquitectos a definición do tema e a resolución, como membros do xurado único.

  • Tema: Azar e necesidade

Non se aceptarán propostas presentadas por un medio distinto de Internet ou recibidas unha vez clausurada a convocatoria. A presentación deberá ser a título individual. Para asegurar o anonimato do participante ante o xurado, os arquivos enviados non deberán incluír datos persoais. A decisión do xurado será inapelable. A fundación resérvase o dereito de reprodución e/ou exposición total ou parcial das propostas presentadas ao concurso.

mi área privada