Fase 3: Resultados  

XIX CONVOCATORIA CONCURSO ARQUIA/BOLSAS

24 bolsas para a realización de prácticas profesionais en estudios europeos de arquitectura
+
1 bolsa para a realización de prácticas de xestión cultural na Fundación Arquia
+
3 bolsas para a realización de prácticas profesionais na Administración pública, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo
+
2 bolsas para a realización de prácticas profesionais na Fundación Metrópoli

Bases
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supoñen o coñecemento práctico da profesión e a mobilidade xeográfica, convoca a XIX edición do concurso arquia/bolsas por que concede 24 bolsas dirixidas a estudantes dos últimos anos da carreira e a arquitectos de titulación recente destinadas á realización de prácticas profesionais en estudios europeos de arquitectura.

Candidatos
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente con nacionalidade española ou portuguesa e os cidadáns estranxeiros con permiso de residencia en España ou Portugal que, á data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superado nalgunha escola española de Arquitectura de España ou Portugal, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título habilitante para o exercicio da profesión de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2017/2018 nalgunha escola de Arquitectura de España ou Portugal.
Arquitectos
Estar en posesión do título habilitante para o exercicio da profesión de arquitecto obtido nunha escola de Arquitectura de España ou Portugal ou, de telo obtido fóra, homologado nalgún destes dous países despois do 30 de abril de 2017.
Destinos. Estudios participantes
Os estudios foron seleccionados polo estudantado de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para facer prácticas profesionais segundo os resultados da VII enquisa online a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2017. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos por medio dunha enquisa online.
Os estudios participantes na presente convocatoria, con que a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:

Barcelona
Barozzi Veiga
Carme Pinós
EMBT. Miralles Tagliabue
Flores Prats Architects
H-arquitectes
OAB Carlos Ferrater


Madrid
Alberto Campo Baeza
amid.cero9
Emilio Tuñón arquitectos
Estudio Herreros
Nieto Sobejano, Arquitectos
NoMAD
Rafael Moneo


Olot
RCR. Aranda Pigem Vilalta

Pamplona
Patxi Mangado

Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos

Basilea
Herzog & de Meuron

Berlín
Kéré Architecture

Lisboa
Aires Mateus e Associados

Londres
AZPML. Alejandro Zaera-Polo Maider Llaguno Architecture
Foster and Partners


Oporto
Álvaro Siza

París
Lacaton & Vassal Architectes

Rotterdam
MVRDV
Calendario
Apertura convocatoria: 2 de xaneiro de 2018
Período de inscrición: 2 de xaneiro a 30 de abril de 2018
Resultados: xullo de 2018
Acto de entrega: outubro de 2018
Modalidades de participación
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pódese optar por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Convócanse 12 bolsas para cada modalidade. A fin de asegurar unha distribución xeográfica axeitada das bolsas, farase unha ponderación proporcional ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase en función da media das notas obtidas nas materias superadas da carreira e en función da media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (para tal efecto consideraranse todas as materias que dependan do departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal como se especifica no anexo I das bases.
Concurso 2017
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material achegado a concurso.
A información pódese editar até o día e a hora que rematen as inscricións: 30 de abril de 2018 ás 12.00 do mediodía (hora peninsular española).
Expediente académico
Unha vez realizada a inscrición, acceder á área privada de usuario inserindo o correo electrónico e o contrasinal, e introducir a media das notas descritas anteriormente na casa habilitada para iso (apartado «Bolsas», opción «Editar participación»).
Posteriormente, hase requirir aos preseleccionados o PDF do expediente académico.

Concurso 2018: Deseñar un cabanón
Una vez realizada a inscrición, acceder á área privada de usuario inserindo o correo electrónico e o contrasinal, e achegar e completar os campos obrigatorios.
Presentación nun arquivo PDF en formato DIN A3 que inclúa o material seguinte:
  • Fotografías dunha maqueta inicial e unha final
  • Imaxes de esbozo
  • Imaxes 3D
  • Seccións, alzados e plantas
Escala: 1:25
O tamaño máximo do arquivo PDF será de 12 MB.
Inscrición

A inscrición ao concurso arquia/bolsas só pode realizarse dende o sistema de inscrición online completando o formulario específico.
Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir noutro momento.

Data límite de inscrición
Luns 30 de abril de 2018 ás 12.00 do mediodía (hora peninsular española).
Data límite envío documentación
Luns 30 de abril de 2018 ás 12.00 do mediodía (hora peninsular española).
Xurado
O xurado estará composto por:
Eduardo Souto de Moura
Eduardo Souto de Moura nace en Oporto (Portugal) o 25 de xullo de 1952.
Licenciouse en Arquitectura pola Escola Superior de Belas Artes de Oporto en 1980.
Colabora co arquitecto Noé Dinis en 1974.
Colabora co arquitecto Álvaro Siza Vieira de 1975 a 1979.
Colabora co arquitecto Fernandes de Sá de 1979 a 1980.
De 1981 a 1991 traballa como profesor asistente do curso de Arquitectura na FAUP.
Inicia a actividade como profesional liberal en 1980.
Profesor convidado en París-Belleville, Harvard, Dublín, Zúric, Lausanne e Mantova.
Recibiu varios premios e participou en varios seminarios e conferencias en Portugal e no estranxeiro. En 2011 recibe o Premio Pritzker; en 2013, o Premio Wolf, e en 2017, o Premio Piranesi.
Tema concurso 2018

Deseñar un cabanón

Cabanón de Le Corbusier, Roquebrune-Cap-Martin (Francia). Autor: Olivier Martin-Gambier.

Programa: o programa consiste en deseñar un cabanón para un mesmo, en calquera parte do mundo, despois da lectura do libro ««Viaje a la vuelta de mi habitación» de Xavier de Maistre. Existen varias referencias e experiencias que forman parte da historia, tales como: Le Corbusier (Sur de Francia); Celine (Dinamarca); Heidegger (Selva Negra); Virginia Woolf (Inglaterra) etc.
As áreas serán mínimas e non poden superar os 49 m2: 1 cuarto (integrado ou non nunha sala), 1 baño e 1 cociña pequena.

Bolsa xestión cultural
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 1 bolsa para estudantes de Arquitectura e arquitectos de recente titulación nas escolas de Arquitectura de España e Portugal destinada á realización de prácticas de xestión cultural, non-laborables, na sede da Fundación Arquia en Barcelona.
Bolsas Ministerio de Fomento
A Fundación Arquia, convoca, coa colaboración do Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, 3 bolsas para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente destinadas á realización de prácticas profesionais na Administración pública, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo.
Bolsas Fundación Metrópoli
A Fundación Arquia acordou coa Fundación Metrópoli a admisión de 2 arquitectos de titulación recente que estean interesados en urbanismo, innovación e desenvolvemento da cidade para realizar prácticas profesionais nas súas instalacións de Madrid.

mi área privada