Fase 2: Concurso  

XX CONVOCATORIA CONCURSO ARQUIA/BOLSAS

24 bolsas para a realización de prácticas profesionais en estudios europeos de arquitectura
+
3 bolsas para a realización de prácticas profesionais na Administración pública, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo
+
2 bolsas para a realización de prácticas profesionais na Fundación Metrópoli
+
1 bolsa para a realización de prácticas de xestión cultural na Royal Academy of Arts
+
1 bolsa para a realización de prácticas de xestión cultural na Fundación Arquia
+
2 bolsas de matrícula para a participación no Campus de Ultzama 2019, organizado pola Fundación Arquitectura y Sociedad

Bases
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supoñen o coñecemento práctico da profesión e a mobilidade xeográfica, convoca a XX edición do concurso arquia/bolsas pola que concede 24 bolsas dirixidas a estudantes dos últimos anos da carreira e arquitectos de titulación recente destinadas á realización de prácticas profesionais en estudios europeos de arquitectura.

Candidatos
Poderán optar á bolsa aqueles estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente con nacionalidade española ou portuguesa e os cidadáns estranxeiros con permiso de residencia en España ou Portugal que, á data de finalización da entrega de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:
Estudantes
a) Ter superado nalgunha escola española de Arquitectura de España ou Portugal, como mínimo, o 60 % dos créditos necesarios para obter o título habilitante para o exercicio da profesión de arquitecto.
b) Estar matriculado no curso 2018/2019 nalgunha escola de Arquitectura de España ou Portugal.
Arquitectos
Estar en posesión do título habilitante para o exercicio da profesión de arquitecto obtido nunha escola de Arquitectura de España ou Portugal ou, de telo obtido fóra, homologado nalgún destes dous países despois do 30 de abril de 2018.
Destinos. Estudios participantes
Os estudios foron seleccionados polo estudantado de escolas españolas de Arquitectura como os seus preferidos para facer prácticas profesionais segundo os resultados da VII enquisa online a estudantes de Arquitectura realizada pola Fundación Arquia en 2017. A actualización dos estudios de destino realízase cada 3 anos por medio dunha enquisa online.
Os estudios participantes na presente convocatoria, con que a Fundación Arquia acordou a admisión de bolseiros en réxime de prácticas, son os seguintes:

Barcelona
Barozzi Veiga
Carme Pinós
EMBT. Miralles Tagliabue
Flores Prats Architects
H-arquitectes
OAB Carlos Ferrater


Madrid
Alberto Campo Baeza
amid.cero9
Emilio Tuñón arquitectos
Estudio Herreros
Nieto Sobejano, Arquitectos
NoMAD
Rafael Moneo


Olot
RCR. Aranda Pigem Vilalta

Pamplona
Patxi Mangado

Sevilla
Cruz y Ortiz Arquitectos

Basilea
Herzog & de Meuron

Berlín
Kéré Architecture

Lisboa
Aires Mateus e Associados

Londres
AZPML. Alejandro Zaera-Polo Maider Llaguno Architecture
Foster and Partners


Oporto
Álvaro Siza

París
Lacaton & Vassal Architectes

Rotterdam
MVRDV
Calendario
Apertura convocatoria: 2 de xaneiro de 2019
Período de inscrición: 2 de xaneiro a 30 de abril de 2019
Resultados: xullo de 2019
Acto de entrega: outubro de 2019
Modalidades de participación
Existen dúas modalidades de participación: expediente académico e concurso. Pode optarse a participar nunha delas ou en ambas simultaneamente. Convócanse 12 bolsas para cada modalidade. A fin de asegurar unha distribución xeográfica axeitada das bolsas, farase unha ponderación proporcional ao número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.
Expediente académico
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas da carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (para este efecto, consideraranse todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). Estas notas medias serán calculadas polo solicitante, tal como se especifica no anexo I das bases.
Concurso 2019
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material achegado a concurso.
Documentación e envío
A información pódese editar até o día e a hora que rematen as inscricións: 30 de abril de 2019 ás 12.00 do mediodía (hora peninsular española).
Expediente académico
Unha vez realizada a inscrición, acceder á área privada de usuario inserindo o correo electrónico e o contrasinal, e introducir a media das notas descritas anteriormente na casa habilitada para iso (apartado «Bolsas», opción «Editar participación»).
Posteriormente, hase requirir aos preseleccionados o PDF do expediente académico.

Concurso 2019: «Segunda man: unha casa discreta»
Unha vez realizada a inscrición, acceder á área privada de usuario inserindo o correo e o contrasinal, e achegar e completar os campos obrigatorios.
Presentación nun arquivo PDF en formato DIN A1 con 72 dpi, formato .pdf e un tamaño máximo de 12 MB que inclúa o material seguinte:
  • Fotografías
  • Debuxos rigorosos
  • Bosquexos que ilustren a proposta
Inscrición

A inscrición ao concurso arquia/bolsas só pode realizarse dende o sistema de inscrición online completando o formulario específico.
Para facilitar o proceso de inscrición podes gardar o estado da inscrición en calquera momento e seguir noutro momento.

Cartel
Data límite de inscrición
Martes 30 de abril de 2019 ás 12.00 do mediodía (hora peninsular española).
Data límite envío documentación
Martes 30 de abril de 2019 ás 12.00 do mediodía (hora peninsular española).
Xurado
O xurado estará composto por:
João Luís Carrilho da Graça
João Luís Carrilho da Graça, nacido en Portugal en 1952, arquitecto desde 1977, vive y trabaja en Lisboa.
A su obra se le concedieron diversos premios y distinciones, en particular el Premio de la Asociación Internacional de Críticos de Arte (1992), Premio Secil de Arquitectura, Portugal (1994), Premio Valmor, Portugal (1998, 2008, 2010), Premio FAD, España (1999), Orden de Mérito de La República Portuguesa (1999), Premio Bienal Internacional de la Luz – Luzboa (2004), Premio Pessoa, Portugal (2008), Premio Piranesi - Prix de Rome (2010), Orden des Arts et des Lettres de la República Francesa - Chevalier (2010), Medalla de la Academia de Arquitectura, París (2012); Premio Internacional de Arquitectura Sacra - Frate-Sole (2012), Premio Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo (2012), International Fellowship del Real Instituto de Arquitectos Británicos (2015), Miembro Honorario del Orden de los Arquitectos, Portugal (2015), Premio Bienal Internacional de Arquitectura de Buenos Aires (2018), Premio Leon Battista Alberti del Politécnico di Milano, Campus de Mantova, Itália (2018), Premio arpaFil, Guadalajara, México (2018).
Fue seleccionado para el premio europeo de arquitectura Mies Van der Rohe en varias ocasiones.
Participó en la representación oficial de Portugal en la 12ª, 13ª y 16ª Bienal de Arquitectura de Venecia y de la exposición central de la 15ª Bienal.
Profesor de la Facultad de Arquitectura de la Universidad de Lisboa entre 1977 y 1992 y, posteriormente, entre 2014 y 2019; de la Universidad Autónoma de Lisboa entre 2001 y 2010; de la Universidad de Évora entre 2005 y 2013; de la Universidad de Navarra entre 2005 y 2015; de la Cornell University, Nueva York, en 2015. Actualmente, es profesor en la Cátedra Unesco Leon Battista Alberti del Campus de Mantova del Politécnico de Milano.
Doctor Honoris Causa por la Facultad de Arquitectura de la Universidad de Lisboa.
Tema concurso 2019

«Segunda man: unha casa discreta»

Ponte Visconteo
Valeggio sul Mincio, Italia

Programa:
Hai unhas semanas visitei en París unha exposición de arquitectura, moi interesante, sobre o traballo dun arquitecto xaponés novo, Junya Ishigami. Nunha entrevista en vídeo que acompaña a exposición, afirma (cito de memoria) que o arquitecto é un «guía turístico». Ao primeiro, esta afirmación escandalizoume. Despois, pensándoo mellor, pareceume unha idea interesante: imaxinar que os arquitectos ían viaxando e coñecendo o mundo que pouco e pouco van revelando!
Pedimos que nos mostren un sitio construído ou natural que, cun mínimo de intervención, poida configurar unha casa discreta.
«...O vello xesto do speculum platónico, o de dividir o real, non entre o falso e o verdadeiro, senón entre o que efectivamente é e as virtualidades que contén, invisibles. Unha árbore, esta árbore, se non é fotografada, segue a enviar as súas imaxes; como afirma Bergson: «como non ver que a fotografía, se ela existe, xa está tomada, sacada no interior mesmo das cousas e para todos os puntos do espazo? Ningunha metafísica, ningunha física mesmo, pode subtraerse a esta conclusión». (Henri Bergson, Matière et mémoire, París, PUF, 1939, p. 22)
José Bragança de Miranda, ph.01 – Jorge Molder: A fotografia como incisão. Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2017, p. 9

Bolsas Ministerio de Fomento
A Fundación Arquia, convoca, coa colaboración do Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, 3 bolsas para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente destinadas á realización de prácticas profesionais na Administración pública, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo.
Bolsas Fundación Metrópoli
A Fundación Arquia acordou coa Fundación Metrópoli a admisión de 2 arquitectos de titulación recente das escolas de Arquitectura de España e Portugal e que teñan interese polo urbanismo, a innovación e o desenvolvemento da cidade para realizar prácticas profesionais nas súas instalacións de Madrid.
Bolsa de xestión cultural na Royal Academy of Arts
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 1 bolsa para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente das escolas de Arquitectura de España e Portugal destinadas á realización de prácticas de xestión cultural, non-laborables, na sede da Royal Academy of Arts en Londres.
Bolsa de xestión cultural na Fundación Arquia
A Fundación Arquia, atendendo ao valor formativo que supón o coñecemento práctico da profesión, convoca 1 bolsa para estudantes de Arquitectura e arquitectos de recente titulación nas escolas de Arquitectura de España e Portugal destinada á realización de prácticas de xestión cultural, non-laborables, na sede da Fundación Arquia en Barcelona.
Bolsas de matrícula Campus de Ultzama
A Fundación Arquia convoca, coa colaboración da Fundación Arquitectura y Sociedad, 2 bolsas de matrícula para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente das escolas de Arquitectura de España e Portugal destinadas á participación no Campus de Ultzama 2019.

mi área privada