Fase 3: Resultados  

Convocatoria 2016

A Fundación Arquia, en colaboración coa Real Academia de Belas Artes de San Fernando, convoca unha bolsa para o desenvolvemento dun proxecto de investigación para realizar nun centro académico de recoñecido prestixio en Nova York co fin de crear as condicións e facilitar os medios para impulsar a investigación no ámbito da arquitectura.

II convocatoria bolsa de investigación Fundación Arquia/Real Academia de Belas Artes de San Fernando
1 bolsa en investigación en Nova York
Bases
A Fundación Arquia, en colaboración coa Real Academia de Belas Artes de San Fernando, convoca unha bolsa para o desenvolvemento dun proxecto de investigación para realizar nun centro académico de recoñecido prestixio en Nova York co fin de crear as condicións e facilitar os medios para impulsar a investigación no ámbito da arquitectura.
Obxecto
Convócase, en réxime de concurso público, unha bolsa para a realización dun proxecto innovador ou de investigación no ámbito da arquitectura na cidade de Nova York que contribúa a facer da real academia unha plataforma e laboratorio de experimentación internacional da arquitectura española.
A bolsa pretende impulsar a realización de proxectos de investigación no ámbito da arquitectura proporcionando oportunidades para a súa creación, desenvolvemento e comunicación, ofrecendo aos candidatos as condicións e facilitando os medios para o seu desenvolvemento como apoio aos seus esforzos e á súa iniciativa.
Así mesmo, o programa fomenta a mobilidade internacional, entendéndoa como un factor enriquecedor do desenvolvemento persoal.
Candidatos
Poderán optar á bolsa os titulados como arquitectos superiores en calquera das escolas técnicas superiores de Arquitectura do Estado español, os arquitectos estranxeiros con permiso de residencia e título obtido en España, e os arquitectos con título obtido fóra do país e homologado en España.
Calendario
Apertura convocatoria: 1 de marzo de 2016
Período de inscrición: 1 de marzo a 31 de maio de 2016
Resultados: xullo de 2016
Desenvolvemento da bolsa: setembro de 2016 a marzo de 2017
Documentación e envío
A documentación requirida poderase enviar a través do formulario de inscrición até o mesmo día do peche da convocatoria (31 de maio de 2016 ás 12.00 do mediodía, hora española peninsular).
Máis información nas bases en PDF.
Inscrición

A inscrición ao concurso arquia/investigación só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña completando o formulario habilitado para iso.
Inscrición convocatoria 2016

Data límite de inscrición
31 de maio de 2016 ás 12.00 do mediodía
Data límite envío documentación
31 de maio de 2016 ás 12.00 do mediodía
Xurado
O xurado estará composto por un equipo mixto de representantes da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e a Fundación Arquia:
Luis Fernández-Galiano
Académico numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando
É arquitecto, catedrático de Proxectos na Escola de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid e director das revistas AV/Arquitectura Viva dende 1985. Entre 1993 e 2006 estivo a cargo da páxina semanal de arquitectura do diario El País, onde actualmente colabora na sección de Opinión. Membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia de Doutores, é International Fellow do RIBA, foi Cullinan Professor na Universidade de Rice, Franke Fellow na Universidade de Yale, investigador visitante no Centro Getty de Los Ángeles e crítico visitante en Harvard e Princeton, así como no Instituto Berlage, e dirixiu cursos das universidades Menéndez Pelayo e Complutense de Madrid. Foi tamén director dos congresos...
Fernando de Terán Troyano
Director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando
Fernando de Terán é director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, corporación en que previamente ocupou o cargo de secretario xeral.
Doutorouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1966. Dirixiu órganos urbanísticos ou estreitamente relacionados co urbanismo na Administración pública do Estado e no Concello de Madrid. Desempeñou os cargos de subdirector xeral de Urbanismo (1972), director técnico de plan da Área Metropolitana de Madrid (1977-1980) e director do Instituto de Estudos de Administración Local (1985-1987).
No ano 2000 recibiu a Medalla de Ouro de Urbanismo da Comunidade Autónoma de Madrid, e en 2005 foi galardoado co Premio Rei Jaume I da Generalitat Valenciana na categoría de Urbanismo, paisaxe e...
Montserrat Nogués Teixidor
Patroa da Fundación Arquia
Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona coa especialidade Proxectos, Urbanismo e Historia en 1983.
Arquitecta responsable dos servizos culturais e biblioteca da demarcación de Xirona do COAC (1985-1990).
Comisaria e deseñadora de diferentes exposicións; organizadora de obradoiros, ciclos de conferencias e coordinadora de diversas publicacións e libros de arquitectura do COAC.
Arquitecta responsable da Área de Infraestrutura e Obra Pública do Concello de Calonge (2000-2003).
Desenvolve a súa actividade profesional como arquitecta liberal e en colaboración con diferentes arquitectos e en equipos pluridisciplinarios, na redacción de plans, proxectos de espazos e edificios públicos para diferentes...
Gerardo García-Ventosa
Director da Fundación Arquia, como secretario e sen voto
Gerardo García-Ventosa López (Barcelona 1951) é arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona coas especialidades Edificación en 1977 e Urbanismo en 1979.
Doutor arquitecto (cum laude) pola mesma escola cunha tese sobre a obra de Doménech i Montaner (1993).
Diplomado (excelente) en Arquitectura Legal e Forense pola Universidade Pompeu Fabra (2003).
Profesor non-numerario/asociado da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1974-1990).
Profesor da Escola de Interiorismo Massana de Barcelona.
Adxunto á dirección da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1984-1987).
Vogal de cultura do Colexio de Arquitectos de Cataluña (1981-1985, 1986-1988. 1994-2000). Membro da xunta do...
Criterios de valoración
  • Ser unha idea innovadora e que achegue un novo enfoque de traballo.
  • Potencial de impacto. Debe contribuír de maneira significativa no ámbito da arquitectura.
  • Viabilidade, o proxecto de investigación debe ter obxectivos claros e realistas.
  • Capacidade, a persoa solicitante debe posuír unhas cualificacións e coñecementos consolidados, debe demostrar capacidade para levar a cabo o proxecto de investigación con éxito.
Criterios de avaliación
As solicitudes serán valoradas polo xurado tomando en consideración os seguintes criterios:
  • Currículo académico-profesional da persoa solicitante
  • Memoria do proxecto proposto para a bolsa
  • Nivel de coñecementos de inglés
Dotación
A bolsa inclúe unha dotación de 18 000 euros repartida en seis mensualidades de 3 000 euros cada unha.

A Fundación Arquia asumirá os gastos de desprazamento a Nova York (un billete de ida e volta en avión), visado, ISSO Columbia Visiting Scholar (ou similar) e SEVIS I-901 (ou similar). Así mesmo, proporcionará á persoa bolseira cobertura médica nos termos da póliza de asistencia en viaxe contratada a través da axencia de seguros Arquiseguros e as achegas á Seguridade Social segundo corresponda.
Real Academia de Belas Artes de San Fernando
A Real Academia de Belas Artes de San Fernando é a institución artística de máis longa traxectoria e maior vixencia cultural de España.
Inaugurouse oficialmente en 1752 durante o reinado de Fernando VI. O establecemento das academias en Europa desempeñou un papel fundamental na normalización do gusto estético durante o Século das Luces. Dende 1773, a Real Academia de Belas Artes de San Fernando ten a súa sede no palacio de Goyeneche de Madrid, deseñado por José de Churriguera e adaptado ao gusto neoclásico por Diego de Villanueva.
Na actualidade componse de cincuenta e seis académicos de número, personalidades de recoñecido prestixio nos campos da arquitectura, pintura, escultura, música, cinema, artes gráficas, fotografía, deseño e historia e teoría da arte.
É unha do oito reais academias de alcance nacional integradas no Instituto de España que ten por obxecto «fomentar a creatividade artística, así como o estudo, difusión e protección das artes e do patrimonio cultural, moi particularmente da pintura, a escultura, a arquitectura, a música e as novas artes da imaxe».
Visita a web da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.




mi área privada