novas arquia/investigación


ACTO DE ENTREGA III BOLSA DE INVESTIGACIÓN EN NOVA YORK 2017

06 JULIO 2017 / INVESTIGACIÓN

A III convocatoria da Bolsa de Investigación en Nova York 2017, promovida pola Fundación Arquia e a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, pechouse o 5 de maio de 2017, após recibir un total de trinta e cinco proxectos de investigación. O mércores 5 de xullo tivo lugar o acto de entrega da bolsa á arquitecta Ángela Juarranz Serrano.

O xurado da terceira edición da Bolsa de Nova York reuniuse o venres 9 de xuño de 2017 na sede de Arquia en Madrid. O xurado estivo formado por Fernando de Terán (director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando), Sol Candela Alcover (patroa da Fundación Arquia), Juan Navarro Baldeweg (arquitecto, académico numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando) e Gerardo García-Ventosa (director da Fundación Arquia).

Por unanimidade, o xurado decidiu conceder a bolsa de investigación en Nova York 2017 ao proxecto The New York Factory. Laboratorio de estrategias arquitectónicas 1960-actualidad, de Ángela Juarranz Serrano, arquitecta titulada na ETSAM. Así mesmo, elixiu como suplente o proxecto Leftovers. Exploring the byproducts of the grid, da arquitecta Marta López Marcos, e outorgou as mencións seguintes: Habitar en la era digital. Modelos colaborativos para la ciudad de Nueva York, da arquitecta Lucía de Molina Benavides; De Olivia Russell Sage a Jane Jacobs: mujeres en las redes internacionales del urbanismo, da arquitecta María Cristina García González; Arquitectura de la experiencia. Por una didáctica del espacio, da arquitecta Queralt Garriga Gimeno; e John Cage, la no-música de la no-arquitectura, do arquitecto Miguel Guerra Mirón.

O proxecto gañador, The New York Factory. Laboratorio de estrategias arquitectónicas 1960-actualidad, de Ángela Juarranz, forma parte da súa tese de doutoramento Architectural Strategies in the Art and Technology Assembly after the Happening, unha investigación teórico-práctica que nace da confluencia do traballo creativo e o progreso tecnolóxico ao servizo da sociedade e que, no caso neoiorquino, debuxa un laboratorio de estratexias arquitectónicas de evolución no mundo contemporáneo.

A arquitecta Ángela Juarranz recolleu a bolsa da man de Fernando de Terán, director da Real Academia, e de Javier Navarro Martínez, presidente da Fundación Arquia, no acto de entrega celebrado na academia o mércores 5 de xullo.

 

mi área privada