Galería de realizacións arquia/próxima

Verbo de arquia/próxima

Arquia/próxima é o programa cultural da Fundación Arquia, concibido para lles ofrecer apoio aos arquitectos españois nos dez primeiros anos de exercicio profesional e baseado na difusión, promoción e posta en valor das súas realizacións e principios como profesionais.

Novas arquia / próxima

VI FESTIVAL ARQUIA/PRÓXIMA 2018: PRÁCTICAS RELEVANTES

30 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

Resumo do encontro, fotos e vídeos

«PLAZA», proposta gañadora do concurso da arquitectura do VI Festival arquia/próxima

30 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

Podes ver a montaxe da arquitectura do VI Festival arquia/próxima 2018. O enriquecemento do espazo como punto de diálogo.

17 OUTUBRO 2018 – PERCORRIDO ARQUITECTÓNICO E ENCONTROS EN MADRID

25 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

Andreia García, Gonzalo Herrero Delicado e Pola Mora, arquitectos relacionados co pensamento e a crítica, participaron no itinerario.

 

«SE ESTAS PAREDES FALASEN. Reforma para un centro de estética» gaña o Premio arquia/próxima 2018.

24 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

Paloma Baquero e Juan Antonio Serrano, do estudio Serrano + Baquero de Granada, reciben o premio arquia/próxima 2018 dotado de 15 000 euros no marco do VI Festival arquia/próxima 2018. 

«BARTLEBOOTH. Plataforma de experimentos editoriais» gaña o Premio arquia/innova.

24 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

Antonio Giráldez López, Pablo Ibáñez Ferrera e Begoña Hermida Castro reciben o premio arquia/innova dotado de 3000 euros no marco do VI Foro arquia/próxima 2018.

EL GUAPO D'EN NARCÍS gaña o Premio Votación Online concedido polos internautas.

24 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

Intervención na 62.ª edición de Girona Temps de Flors

17 OUTUBRO 2018 – PERCORRIDO ARQUITECTÓNICO: ENCONTROS NA CIDADE DE MADRID

21 SEPTIEMBRE 2018 / PRÓXIMA

Coñece os espazos do itinerario e apúntate. Quedan poucas prazas!

'PLAZA' propuesta ganadora del concurso de la arquitectura del VI Festival arquia/próxima

20 SEPTIEMBRE 2018 / PRÓXIMA

El jurado ha valorado de la propuesta, el enriquecimiento del espacio como punto de diálogo. 

VI FESTIVAL ARQUIA/PRÓXIMA: PRÁCTICAS RELEVANTES – 17 e 18 de outubro de 2018 – Auditorio Casa del Lector de Matadero

17 JULIO 2018 / PRÓXIMA

Xa te podes inscribir e descargar o programa. Participa no concurso da arquitectura do festival e coñece as novidades. 

Fallo do xurado da VI edición 2016-2017 do programa arquia/próxima

30 MAYO 2018 / PRÓXIMA

E avance do VI FESTIVAL ARQUIA/PRÓXIMA 2018

Últimos días para participar na 6.ª convocatoria de arquia/próxima 2016-2017

09 ENERO 2018 / PRÓXIMA

Comeza a conta atrás. Lembra que podes inscribirte até o 18 de xaneiro até as 12.00 do mediodía. 

ARQUIA/PRÓXIMA Ampliado o prazo de inscrición. Nova data: 18 de xaneiro de 2017 ás 12.00 do mediodía

07 DICIEMBRE 2017 / PRÓXIMA

A VI edición 2016-2017 do programa arquia/próxima amplía 1 mes o prazo de inscrición. 

PILAR DÍAZ RODRÍGUEZ, de Paisaje Transversal, incorpórase ao xurado arquia/próxima como representante dos participantes.

18 JULIO 2017 / PRÓXIMA

Paisaje Transversal foi escollido como representante dos participantes no xurado na VI edición 2016-2017 do programa arquia/próxima.

PRÁCTICAS RELEVANTES: VI edición 2016-2017 do programa arquia/próxima

06 ABRIL 2017 / PRÓXIMA

IÑAKI CARNICERO, novo comisario desta VI edición do programa, define PRÁCTICAS RELEVANTES como o lema desta convocatoria. 

 

FUTURO IMPERFECTO: descarga o catálogo da V edición do programa arquia/próxima

03 NOVIEMBRE 2016 / FUNDACIÓN

FUTURO IMPERFECTO: descarga o catálogo da V edición do programa arquia/próxima, que baixo este lema tivo como obxectivo iniciar unha reflexión que permita afrontar a profesión con resistencia e sen melancolía. 

PERSIANA BARCELONA, de Pau Sarquella e Diana Usón, recibe o PREMIO ARQUIA/PRÓXIMA 2016 dotado con 15 000 euros.

03 NOVIEMBRE 2016 / PRÓXIMA

O PREMIO ARQUIA/INNOVA dotado con 3000 euros outorgouse ao BLOG DE PAISAJE TRANSVERSAL. 

V FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2016: FUTURO IMPERFECTO

24 AGOSTO 2016 / PRÓXIMA

Xa te podes inscribir como asistente no V Foro arquia/próxima 2016 que terá lugar no Paraninfo da Universidade de Málaga do 19 ao 21 de outubro de 2016.

FALLO DO XURADO DA V EDICIÓN DO PROGRAMA ARQUIA/PRÓXIMA

25 MAYO 2016 / PRÓXIMA

O pasado 25 de abril de 2016, reuniuse no Ateneo de Málaga o xurado da V edición do programa arquia/próxima 

JOSÉ MARÍA SÁNCHEZ GARCÍA, novo membro do xurado da V edición 2014-2015 arquia/próxima

04 ENERO 2016 / PRÓXIMA

José María Sánchez García foi escollido polos arquitectos próximos que cumpren os requisitos de participación como o seu representante no xurado desta 5.ª edición do programa. 

V edición 2014-2015 do programa arquia/próxima: FUTURO IMPERFECTO

29 JUNIO 2015 / PRÓXIMA

Rexístrate como arquitecto PRÓXIMO e publica na web da Fundación Arquia as túas realizacións. 

Optarán a ser seleccionadas polo xurado da presente edición para a súa publicación nun catálogo. Ademais poderás gañar o premio arquia/próxima dotado con 15.000 euros. Coñece todas as novidades!

IV FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2014: COÑECE OS PREMIADOS E DESCARGA O CATÁLOGO

06 NOVIEMBRE 2014 / PRÓXIMA

O pasado 23 de outubro celebrouse en Granada a IV edición do Foro Arquia Próxima, o evento de referencia da arquitectura nova no noso país, que mostra en cada edición arquitectos novos cun altísimo nivel, vontade de superación e vocación por esta profesión. 

 

 

RESOLUCIÓN DO XURADO DA IV EDICIÓN 2012-2013 DO PROGRAMA ARQUIA/PRÓXIMA

19 JUNIO 2014 / PRÓXIMA

O xurado, que se reuniu o pasado 28 de abril na sede da Caixa de Arquitectos de Madrid, preseleccionou 221 das 670 novas realizacións presentadas nesta edición e elixiu as 120 realizacións que formarán parte do catálogo en liña, así como as 29 realizacións que serán explicadas polos seus autores no marco do IV FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2014: FÓRA que terá lugar o próximo 23 DE OUTUBRO en Granada e en que se dará a coñecer:

 

NON PERDAS AS REFLEXIÓNS DO XURADO ARQUIA/PRÓXIMA NA SÚA REUNIÓN DO PASADO 28 DE ABRIL DE 2014 EN MADRID

02 MAYO 2014 / PRÓXIMA

O pasado 28 de abril tivo lugar na sede de Arquia na rúa Barquillo de Madrid a reunión do xurado arquia/próxima da IV edición 2012-2013. A ela asistiron Eva Franch, comisario xeral, Emilio Tuñón, patrón da Fundación Arquia; Toni Gironès, comisario liña Obra nova/Proxecto; Izaskun Chinchilla, comisaria liña Interiorismo e Rehabilitación; Luís Úrculo, comisario liña Cultura, Investigación e Formación; Andrés Jaque, comisario liña Cidade e Territorio, e Gerardo García-Ventosa, director da Fundación Arquia.

INFORME DE PARTICIPACIÓN DA IV CONVOCATORIA 2012-2013

31 MARZO 2014 / PRÓXIMA

A participación na IV CONVOCATORIA 2012-2013 conta cun total de 670 novas realizacións rexistradas e 870 arquitectos participantes, dos que 129 se deron de alta no período comprendido entre o 1 de febreiro de 2012 e o 3 de marzo de 2014. Máis abaixo podes descargar o informe das realizacións e arquitectos rexistrados nesta edición.

Últimos días para participar na IV convocatoria!

20 FEBRERO 2014 / PRÓXIMA

O prazo para o rexistro de realizacións da IV edición arquia / próxima 2012-2013 está aberto e finalizará o 3 de marzo de 2014 (12.00). Ás 12.00, as realizacións con autorías pendentes de vinculación NON participarán nesta convocatoria.

O número de realizacións que se poden publicar é ILIMITADO.

As realizacións optarán a ser seleccionadas polo xurado e a comisaria da presente edición para a súa publicación nun catálogo. Ademais, escollerase unha das realizacións que conseguirá o premio arquia/próxima 2014 dotado con 15 000 euros.

 

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATÉ O 28 DE FEBREIRO DE 2014

19 DICIEMBRE 2013 / PRÓXIMA

Debido á coincidencia no tempo do final do período de inscrición do programa arquia/próxima e a implantación da nova plataforma web FQ, amplíase o prazo de inscrición até o 28 FEBREIRO DE 2014 tanto para rexistrarse coma para subir as realizacións. Esperamos poder ofrecer así un período de achegamento do usuario á nova ferramenta en liña.

 

IV edición arquia/próxima 2012-2013

11 NOVIEMBRE 2013 / PRÓXIMA

A Fundación Caixa de Arquitectos presenta a IV edición 2012-2013 do programa arquia/próxima para novos arquitectos cun novo formato máis próximo, actualizado e participativo. Na súa cuarta edición, arquia/próxima aposta con máis forza ca nunca por construír un gran foro de arquitectura nova, favorecendo a interacción entre usuarios, a participación activa co xurado a través do novo portal arquia/próxima e a comunicación permanente a través das redes sociais. Proximamente poderás participar no noso novo foro web, do que podes ver un avance en www.foroarquiaproxima.es. PARTICIPA NA NOVA CONVOCATORIA; PODERÁS GAÑAR 15 000 EUROS!

Premio Laus Bronce concedido aos elementos de difusión do III Foro arquia/próxima 2012

24 JULIO 2013 / PRÓXIMA

A proposta de elementos de difusión que o estudio desescribir realizou para o III Foro arquia/próxima Nuevos formatos atópase entre os proxectos galardoadas cun Premio Laus Bronce dentro da categoría Deseño Gráfico, subcategoría Conxunto de Elementos Coordinados.

XA ESTÁN DISPOÑIBLES O CATÁLOGO VIRTUAL E OS VÍDEOS DO FORO A CORUÑA 2012

13 DICIEMBRE 2012 / PRÓXIMA
Xa podes ver todos os vídeos do Foro A Coruña 2012: Novos Formatos, que tivo lugar o pasado 25 de outubro no Museo de Belas Artes da Coruña.
Ademais, xa están subidas todas as realizacións ao novo catálogo en liña.

INTELIXENCIA COLECTIVA 2.0 de Zoohaus levou o premio arquia/próxima 2012 dotado con 15 000 euros

03 MAYO 2012 / PRÓXIMA

O xurado que se reuniu o pasado 12 de abril na sede da Caixa de Arquitectos de Madrid valorouna como un exemplo completo e complexo de NOVOS FORMATOS, tanto no que respecta á forma de traballar (un colectivo de colectivos —Zoohaus está composto por Zuloark, Pez [estudio], León 11, entre outros—), coma no soporte (web).

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA III CONVOCATORIA 2010-2011

20 MARZO 2012 / PRÓXIMA

Éxito de participación na III convocatoria 2010-2011, cun total de 1445 novas realizacións rexistradas e 991 arquitectos participantes. Máis abaixo podes descargar o informe das realizacións e arquitectos rexistrados nesta edición.

A DECISIÓN DO XURADO FARASE PÚBLICA A PARTIR DA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO.

«COMEDOR ESCOLAR TIPO» DE LAPANADERÍA OBTÉN O PREMIO ARQUIA/PRÓXIMA 2010 DOTADO DE 15 000 €

02 JULIO 2010 / PRÓXIMA

O xurado destacouno como rigoroso proxecto en que se analizan as condicións destas dependencias escolares e en que se ofrece unha proposta de mínimos con altas doses de sensibilidade e sensatez, que ofrece unha esperanza para enfrontarse ás novas condicións que a sociedade está a experimentar.

PRETO DE 800 REALIZACIÓNS PRESENTADAS NA EDICIÓN 2006-2007

07 SEPTIEMBRE 2009 / PRÓXIMA

Neste rexistro aberto de realizacións da edición 2006-2007, pódese atopar a información sobre arquitectos, tipoloxías das realizacións, zonas xeográficas onde se sitúan, obras e teses censadas. As categorías en que os arquitectos incluíron as súas realizacións foron: proxectos, obras, acción social, acción cultural e formativa, e investigación.

Foro arquia / próxima

Descubre «En cambio», o encontro que xuntou máis de 300 profesionais en Madrid en outubro de 2010.

mi área privada