Foros anteriores arquia

IV Foro arquia/próxima Granada 2014: FÓRA

Preto de 400 arquitectos déronse cita no Auditorio Manuel de Falla para debater sobre a situación actual e futura do sector, coñecer o catálogo que recolle as 120 obras seleccionadas entre máis de 670 realizacións presentadas na IV edición 2012-2013 e os detalles das 29 obras finalistas que aspiraban a obter o Premio Arquia Próxima. O lema «FÓRA [fóra de lugar, fóra de contexto, fóra de serie, for o que for], é tempo de saír fóra» convidaba a abandonar as prácticas herdadas durante os últimos anos e é á vez unha chamada a volver dentro dos espazos de responsabilidade históricos asociados coa arquitectura. A comisaria desta cuarta edición foi Eva Franch e o xurado estivo composto por Emilio Tuñón, Izaskun Chinchilla, Toni Gironés, Andrés Jaque e Luís Úrculo.
O premio arquia/próxima, dotado de 15 000 €, foi concedido ás realizacións: ANALOGICAL SMART CITIES, PARADISE LOST, MONU//BENCH PROJECT, FROM OLYMPIC GAMES TO URBAN GAMES, e SOCIAL ALPHABETS / ALPHABET CITIES do colectivo PKMN
O resto dos premios foron outorgados a:

III Foro arquia/próxima A Coruña 2012: Novos formatos

25 e 26 de outubro de 2012-Museo de Belas Artes da Coruña

O III Foro arquia/próxima A Coruña 2012 Novos formatos, a que asistiron 195 participantes, analizou en formato aberto de debate e tirou conclusións das novas formas de ser arquitecto, os novos retos e o novo paradigma do momento, a partir da gran diversidade que presentaban as 1445 realizacións novas rexistradas polos 426 arquitectos e 137 asociacións participantes na edición 2010-2011 da bienal arquia/próxima.

O tema Novos formatos reflicte como os rápidos cambios tecnolóxicos e sociais das últimas dúas décadas presentan desafíos complexos para a práctica arquitectónica e como a arquitectura debe adaptarse a estes cambios tanto no académico coma no profesional, deixando paso ao novo: as novas xeracións e os novos formatos.

O xurado, composto pola comisaria Ariadna Cantís e o comité científico formado por Francisco Cabrera, Ricardo Devesa, José María Ezquiaga, Eva Franch, José Morales, Carlos Quintáns, Rogelio Ruiz e Marta Thorne concedeu o premio arquia/próxima 2012 dotado con 15 000 euros á realización Intelixencia colectiva 2.0 do colectivo ZOOHAUS e tres mencións especiais a 2 Vpp en Badaxoz de GÁLVEZ & ALGECIRAS, ao Centro Cultural Mercado de Ferreries e á Escola de Arte e Deseño de Amposta de David Sebastian Ucles e Gerard Puig Freixas. Entregáronse o premio Opinión a Spanish Dream de Ana Belén Amado Pazos, Luz Paz Agras e Marta Marcos Maroño, o premio da votación online a 2 Vpp en Badaxoz de GÁLVEZ & ALGECIRAS (traballo que coincidiu cunha das mencións concedidas polo xurado) e o premio Comunicación a Red Bull Academy de Langarita-Navarro.

O xurado elixiu as 120 realizacións que formaron parte do catálogo en liña «Novos formatos», así como as 24 realizacións seleccionadas que foron explicadas polos seus autores no foro.

II Foro arquia/próxima Madrid 2010: En cambio

21 e 22 de outubro de 2010 - ETSA MADRID

O II Foro arquia/próxima Madrid 2010: En cambio contou cunha asistencia de 227 participantes. En formato aberto de debate analizou e tirou conclusións da transformación que se está a producir no eido arquitectónico a partir das máis de 1 218 realizacións novas rexistradas polos 500 autores e 177 asociacións participantes na edición 2008-2009 da bienal arquia/próxima.

O tema En cambio devén dos momentos de crise económica en que sucedeu esta convocatoria e como aquela desatou uns profundos procesos de cambio dentro das estruturas establecidas no noso eido profesional e das derivadas nas estruturas máis novas. Este título trata de significar aquilo que sofre unha metamorfose de cara a un futuro próximo, tanto no que atinxe a forma de desenvolver a profesión, como a forma de establecer novas pautas de comportamento cara a unha sociedade que mostra importantes procesos de cambio, cambios xerados por unha suma de factores que sobra relatar.

O xurado desta segunda edición, formado por Carlos Quintáns como comisario xeral e polo comité científico composto por Fernando Díaz-Pinés, Foix Arranz, Francisco Cifuentes, Santiago Cirugeda, Javier Mozas e Ricardo Sánchez Lampreave, outorgou o premio arquia/próxima 2010 dotado con 15 000 euros á realización Comedor escolar tipo dos autores LA PANADERÍA (Rubén Alonso, Eva Morales e David Canavate). O premio Opinión adxudicouse á realización Centro de Tecnificación de Actividades Físico-Deportivas e de Lecer no Medio Natural da Cunca do Taxo de José María Sánchez García e o premio Comunicación concedeuse ex aequo á realización Gimnasio 704 dos autores HARQUITECTES e á realización Frontón + Casa Concejíl Arribe & Atayo dos autores VAUMM.

O xurado elixiu as 120 realizacións que formaron parte do catálogo arquia/próxima 2010: «En cambio» e 24 seleccionadas, cuxos autores puideron presentar en directo no foro.

I Foro arquia / próxima Valencia 2008: Orixes e desacordos

29, 30 e 31 de outubro de 2008- Paraninfo. Edificio Reitorado. UPV

O I Foro arquia/próxima Valencia 2008: Orixes e desacordos contou cunha asistencia de 385 participantes. En formato de debate aberto analizou as conclusións arquitectónicas e sociolóxicas extraidas das 769 realizacións presentadas na edición 2006-2007 da bienal arquia/próxima polos 286 arquitectos participantes.

O tema Orixes e desacordos reflicte a xénese do programa. Recolle o desenvolvemento e a sistemática do inicio da documentación dun modo proactivo dos principios e resultados de quen comeza a súa actividade profesional como arquitecto en España e, por outra banda, recolle os desacordos, a desmemoria e os prexuízos como base dun conflito, un debate, que na súa relación coa realidade, e moi especialmente cos modelos futuros de ensino das escolas de Arquitectura españolas, pode contribuír á reactivación social da arquitectura como un referente colectivo de inescusable servizo ás persoas e ao coñecemento máis aló da emoción ou dos procesos de mercado como valores públicos exclusivos.

O xurado da edición 2006-2007, formado por Félix Arranz como comisario xeral, Marta Cervoló, Sara de Giles, Patxi Mangado, Carmen Pinós, Emilio Tuñón e o sociólogo José Miguo Iribas concedeu o premio arquia/próxima 2008 dotado con 15 000 € á realización Ecobulevar do ensanche de Vallecas de Ecosistema Urbano. Así mesmo, tivo lugar a entrega do Premio Opinión á realización máis votada polo público asistente á realización Casa para el pintor Damià Jaume de Francisco Cifuentes e do Premio Comunicación á realización Dibujos para los IV Encontros Internacionais de Arquitectura: identidades do autor Roque Viejo.

Presentouse o catálogo arquia/próxima 2008 «Orígenes y desacuerdos» con 128 realizacións elixidas polo xurado. Así mesmo, os autores das 28 realizacións seleccionadas que formaron parte da exposición arquia/próxima tiveron a oportunidade de presentalas publicamente no foro.

mi área privada