Edicións anteriores

  • Realizacións rexistradas: 1183
  • Catalogadas: 113
  • Seleccionadas: 24
V Edición 2014-2015

Esta V edición conta con 1653 realizacións rexistradas e 675 arquitectos participantes. O comisario desta edición é Alberto Veiga, e os membros do xurado son: Eugeni Bach, Carlos Gómez Agustí, Jesús Irisarri, Eva Morales e Víctor Navarro. José María Sánchez García foi o representante dos participantes escollido polos arquitectos próximos que cumprían os requisitos de participación nesta convocatoria.

Baixo a lema "FUTURO IMPERFECTO", esta edición ten como obxectivo iniciar unha reflexión que permita encarar a profesión con resistencia e sen melancolía

IV Edición 2012-2013

Nesta cuarta edición rexistráronse 670 novas realizacións e 870 arquitectos participantes.

O xurado composto por Eva Franch, comisario xeral, Emilio Tuñón, Toni Gironès, Izaskun Chinchilla, Luis Úrculo e Andrés Jaque catalogou 120 realizacións e 29 realizacións que mostran 

proxectos que constrúen arquitectonicamente unha reivindicación do histórico, crítico, ecolóxico e social a través dunha xestión do capital e dos excedentes arquitectónicos, medioambientais e humanos.

Na IV edición 2012-2013, o premio arquia/próxima, dotado de 15.000 €, concedeuse ás realizacións:  Analogical Smart Cities, Paradise Lost, Monu//Bench Project, From Olympic Games to Urban Games e Social Alphabets / Alphabet Cities  do colectivo PKMN que cunha gran dose de creatividade, rigor e humor, tanto a nivel metodolóxico, como formal, o carácter emprendedor deste proxecto está baseado en valores sociais e arquitectónicos fundamentais: a democratización da cidade e a construción de nexos sociais e espazos de colectividade capaces de desdebuxar diferenzas económicas, sociais ou de clase. O proxecto de PKMN, construído sempre desde fóra, toma como referencia o que para outros é a "terceira persoa" da arquitectura: o usuario.

 

  • Realizacións rexistradas: 2496
  • Catalogadas: 120
  • Seleccionadas: 29
  • Premiadas: 5
III Edición 2010-2011

Nesta terceira edición rexistráronse 2841 realizacións e 991 arquitectos.

O xurado formado por Francisco Cabrera, Ariadna Cantís (comisaria), Ricardo Devesa, José María Ezquiaga, Eva Franch, José Morales, Carlos Quintáns, Rogelio Ruiz e Martha Thorne catalogou 120 realizacións e seleccionou 24 realizacións que mostran novos roles dos novos arquitectos cos que están a desenvolver o seu traballo, buscando novos formatos, ben sexa a través de encargos ou auto-encargos, novas fórmulas de colaboración en grupo ou colectivos, activismo social e participación cidadá, urbanismo de acción, novos medios de comunicación aplicados á arquitectura, así como unha nova sensibilidade respecto do construído.

Na II edición 2008-2009, o premio arquia/próxima, dotado de 15.000 €, foi concedido á realización: Inteligencia COLECTIVA 2.0 do colectivo ZOOHAUS. O xurado destácaa como un exemplo completo e complexo de NOVOS FORMATOS, operando tanto na forma de traballar: (un colectivo de colectivos) coma no soporte web. Valórase especialmente unha proposta de traballo en equipo que desenvolve un proxecto de investigación e difusión en rede, unha base de datos aberta e participativa, baseada na análise e cartografado de prototipos e detalles construtivos. Sinálase a realización como xeradora de novos procesos, un auténtico formato transformador.

II Edición 2008-2009

Na II edición 2008-2009 da bienal arquia/próxima rexistráronse 1939 realizacións e 286 arquitectos. Resaltar que se detectou unha maior participación que na anterior convocatoria, con cifras realmente significativas a pesar dos momentos en que se realizou a convocatoria.

O xurado formado por Carlos Quintáns como comisario xeral e polo comité científico composto por Fernando Díaz Pinés, Félix Arranz, Francisco Cifuentes, Santiago Cirugeda, Javier Mozas e Ricardo Sánchez Lampreave quixo mostrar nas 128 realizacións catalogadas e nas 24 seleccionadas aqueloutras facetas en que os novos arquitectos están a desenvolver o seu labor e buscáronse as distintas fórmulas coas que se canaliza o traballo, ben a través de concursos, de encargos ou auto-encargos e de novas fórmulas de colaboración e activismo social que aparecen con maior intensidade nos últimos anos.

Na II edición 2008-2009, o premio arquia/próxima, dotado de 15.000 €, foi concedido á realización Comedor Escolar Tipo" de "LA PANADERÍA (Rubén Alonso, Eva Morales e David Canavate). "

O xurado destacouno como rigoroso proxecto en que se analizan as condicións destas dependencias escolares e en que se ofrece unha proposta de mínimos con altas doses de sensibilidade e sensatez, que ofrece unha esperanza para enfrontarse ás novas condicións que a sociedade está a experimentar.

I Edición 2006-2007

Na I edición 2006-2007 da bienal arquia/próxima rexistráronse 769 realizacións e 286 arquitectos. O xurado formado por  Félix Arranz como comisario xeral, Marta Cervelló, Sara de Giles, Patxi Mangado, Carmen Pinós, Emilio Tuñón e o sociólogo José Miguel Iribas elixiron as 128 realizacións catalogadas e as 28 seleccionadas cuxos criterios de elección foron os seguintes:
Nos 128 catalogados buscouse a representatividade das realizacións presentadas, tendo en conta a zona en que están localizadas, é dicir, reflectir a diversidade da práctica arquitectónica e dos seus modos de proceder desde un punto de vista xeográfico. Non se destacaron as mellores e maiores realizacións, senón que se tentou mostrar un panorama (que por definición é dilatado) da arquitectura que están a producir os arquitectos con menos de 10 anos de titulación, sempre desde premisas de calidade.
Aos 28 seleccionados premióuselles a calidade nas realizacións, a nivel de proxecto, de execución e de orixinalidade.
Na I edición 2006-2007, o premio arquia/próxima, dotado de 15.000 €, foi concedido á realización ECOBULEVAR EN EL ENSANCHE DE VALLECAS, dos autores Ecosistema Urbano (Belinda Tato, José Luis Vallejo e Diego García Setién), destacando o xurado o proveito, utilidade, conveniencia e beneficio do proxecto, e cuxos criterios medioambientais e de sustentabilidade subxacen en todas as determinacións do mesmo, así como o fomento do intercambio social.

mi área privada