Novas arquia / próxima


IV FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2014: COÑECE OS PREMIADOS E DESCARGA O CATÁLOGO

06 NOVIEMBRE 2014 / PRÓXIMA

Preto de 400 arquitectos déronse cita no Auditorio Manuel de Falla para debater sobre a situación actual e futura do sector, coñecer o catálogo desta edición, que recolle as 120 obras seleccionadas entre máis de 670 realizacións presentadas, e os detalles das 29 obras finalistas que aspiraban ao Premio Arquia Próxima (15 000 euros).

O acto púidose seguir en directo e en aberto mediante streaming, e na rede social de Twitter, a etiqueta #arquiaforo tivo preto de 2 000 chíos, co que xerou máis de 4 millóns de impacto.

En breve poderanse ver en diferido todas as intervencións de todos os seleccionados, así como a mesa redonda, a conferencia de Alberto Campo Baeza «Buscando con ahínco la belleza», a presentación do tema da presente edición da convocatoria arquia/bolsas «Unha torre para voar» por Juan Domingo Santos, e a entrega dos diplomas e premios. Avisarémosvos!

O xurado, composto por Eva Franch (comisaria xeral), Emilio Tuñón, Toni Gironès, Izaskun Chinchilla, Luis Úrculo e Andrés Jaque, recoñeceu co Premio Arquia Próxima o conxunto das realizacións  Analogical Smart Cities, Paradise Lost, Monu//Bench Project, From Olympic Games to Urban Games e Social Alphabets / Alphabet Cities do colectivo de arquitectos PKMN.

O xurado tamén outorgou os seguintes premios:

Premio Obra Nova/Proxecto á realización Carnicería Germans Soler, de Pau Sarquella;

Premio Interiorismo e Rehabilitación á realización Didomestic de ELII (Carlos Palacios, Eva Gil, Uriel Fogué);

Premio Cultura, Investigación e Formación á realización Quaderns de Guillermo López Ibáñez, Anna Puigjaner e José Zabala

Premio Cidade e Territorio ex aequo ás realizacións El BlocOnze de Can Batlló, de La Col (Carles Baiges, Eliseu Arrufat), e El Campo de Cebada, do colectivo veciñal homónimo.

Así mesmo concedéronse os seguintes premios:

Premio de opinión votado polos asistentes ao foro:

El campo de cebada, de El campo de cebada

Premio de votación en liña á realización máis votada polos internautas

Casa patio en Gracia, de Carles Enrich

Premio ex aequo á mellor comunicación outorgado polo xurado:

«El campo de cebada»

«Historias de ultratumba. La segunda vida de los pabellones de la Serpentine», de Marina Otero

 

Podes descargar a acta do xurado máis abaixo.

Podes descargar o PDF do catálogo AQUÍ.

 

 

mi área privada