Novas arquia / próxima


VI FESTIVAL ARQUIA/PRÓXIMA 2018: PRÁCTICAS RELEVANTES

30 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

O VI Festival arquia/próxima 2018: Prácticas relevantes, tivo lugar o 17 e 18 de outubro de 2018 en Madrid e contou coa asistencia de preto de 300 persoas.   

O lema desta bienal, «Prácticas relevantes», definido polo seu comisario, Iñaki Carnicero, convida a reflexionar verbo do paradoxo producido polo éxito internacional da arquitectura española (Premio Pritzker 2017, León de Ouro na Bienal de Venecia, liderado de arquitectos españois en estudios internacionais, así como docentes en escolas de Arquitectura de vangarda) que non se corresponde co volume de produción arquitectónica destes últimos anos, mais que si reflicte un traballo máis relevante ca nunca.

O mércores 17 desenvolveuse un percorrido arquitectónico pola cidade de Madrid con visitas e encontros en Piscina Stella, o invernadoiro de Arganzuela, Matadero Madrid e Instituto Goethe. Contamos coa colaboración de arquitectos cuxo labor internacional está vinculado ao pensamento e crítica, como Andreia García en Portugal, Gonzalo Herrero Delicado en Londres e Pola Mora en Chile. Podes ver máis información, fotos e vídeos dos arquitectos e dos espazos  AQUÍ.

O xoves 18 en La Casa del Lector de Matadero, tiveron lugar as diferentes mesas redondas propostas polo comisario Iñaki Carnicero: A redefinición da idea de contexto, A magnitude do pequeno, O conflito como oportunidade e Pensamento operativo. O formato espacial deseñado baixo as premisas da proposta gañadora do concurso que se convocou especificamente para este fin favoreceu a participación das persoas asistentes.

Nelas participaron tanto os membros do xurado (Pilar Díaz de Paisaje TransversalHéctor Fernández Elorza, Iñigo García de VAUMMMaría González de Sol89Montserrat Nogués, patroa e representante da Fundación Arquia, e Anna Puigjaner de MAIO)coma os moderadores de mesa (Ángel Martínez García-Posada, Jacobo García-Germán, José Juan Barba e Silvia Colmenares)e os seleccionados desta edición:  deAbajoGarcía, Adrià Escolano, Estudio rellam, Juan Miguel Martínez, Nua Arquitectures, Serrano + Baquero, Rosa Gallardo, Gonzalo Gutiérrez, Joel Padrosa, Ander Rodríguez, Carmen Torres, Arqbag, Arquimaña, Arquitectura Expandida, Cornago & Sánchez, Eeestudio + Zuloark, After Belonging Agency, José Aragüez, Arquitectura a Contrapelo, Bartlebooth, Nomad Garden e Vilaplana & Vilaplana. 

Pola tarde púidose gozar da conferencia de Eduardo Souto de Moura, na que describiu os seus últimos proxectos, e da presentación do tema da seguinte convocatoria de arquia/bolsas a cargo de João Luís Carrilho da Graça

O evento concluíu coa entrega de bolsas e de premios:

O Premio Votación Online outorgado polos internautas foi concedido a El guapo d'en Narcís

O Premio Opinión outorgado polos asistentes ao evento foi entregado a La Potocine, sala de cine comunitaria e autoxestionada en Ciudad Bolívar. 

O Premio Arquitectura do Festival foi entregado á proposta co lema «Plaza» de Neus Frontera. Podes ver a proposta e o vídeo da montaxe AQUÍ.

O xurado concedeulle unha mención especial a NUA Arquitectures polo proxecto Rehabilitación e Ampliación dos Talleres Gon-Car.

O premio arquia/innova dotado de 3000 euros foille concedido a Bartlebooth. Plataforma de experimentos editoriais.

O premio arquia/próxima dotado de 15 000 euros foille concedido a «Se estas paredes falasen. Reforma para un centro de estética».

Podes ver un resumo das dúas xornadas no vídeo que acompaña esta publicación.

En breve publicaremos os vídeos dos debates das mesas redondas, así como o resto das actividades asociadas. 

Podes descargar a acta do xurado, así como a recompilación dos impactos en prensa, máis abaixo. 

 

mi área privada