9.º concurso bienal

Concurso bienal de teses de arquitectura destinado á selección de teses doutorais inéditas para a súa posterior publicación nunha das coleccións editadas pola Fundación Arquia. Convocatorias realizadas: 1997, 1999, 2001, 2003, 2005, 2007, 2009 e 2011.

Bases de participación

1. Obxecto do concurso

A Fundación Arquia ten por obxecto promover e fomentar actividades culturais no campo da arquitectura. Entre estas actividades atópase a colección arquia/teses, orientada á publicación de teses doutorais de arquitectura relevantes pola súa achega ao coñecemento arquitectónico, unha vez revisadas e adaptadas polos seus autores. A colección arquia/teses pretende, así, pór ao alcance do público interesado nos estudos sobre arquitectura un valioso material que, doutro xeito, resultaría dificilmente accesible.

Coa intención de incrementar o fondo editorial da devandita colección, a Fundación Arquia convoca un concurso bienal orientado á selección de teses doutorais inéditas.


2. Concursantes

Poderán participar no concurso aqueles arquitectos españois que lesen a súa tese doutoral en calquera escola ou facultade de Arquitectura do mundo, así como aqueles arquitectos estranxeiros cuxa tese doutoral fose lida en calquera escola de Arquitectura española.


3. Documentación solicitada

Na primeira fase do concurso, os concursantes deberán presentar o resumo da tese e unha memoria dun máximo de vinte páxinas escrita en lingua castelá que conteña: índice da tese, resumo do seu contido e breve explicación dos procesos de reelaboración que o autor considera necesarios para adaptar a tese á liña editorial da colección arquia/teses da Fundación Arquia.


4. Composición do xurado

O xurado estará composto por:
Xavier Monteys Roig (presidente):catedrático de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.
Luís Martínez Santa-María:profesor de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.
María Melgarejo Belenguer:Profesora de Proxectos da Escola de Arte e Deseño de Valencia.
Carlos Gómez Agustí:como patrón e en representación da Fundación Arquia.

Actuará de secretario, con voz pero sen voto, o director da colección arquia/teses, Carlos Martí Arís, profesor titular de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectos de Barcelona.


5. Calendario

O prazo de admisión da documentación solicitada iniciarase o 11 de abril de 2013 o rematará o 12 de xuño de 2013.

Cada membro do xurado seleccionará entre os expedientes presentados un máximo de cinco traballos que accederán á fase final do concurso.

A primeira semana de setembro de 2013 solicitarase aos concursantes que pasen á devandita fase final un exemplar completo do traballo de tese.

Durante a primeira semana de decembro terá lugar a reunión do xurado para proceder á decisión do concurso. A decisión farase pública a segunda quincena de decembro de 2013.


6. Premios

O xurado poderá conceder un máximo de dous premios e catro mencións. Os premios consisten no compromiso de edición das teses por parte da Fundación Arquia.

O compromiso de edición estará condicionado polo necesario traballo de reelaboración que deberá efectuar o autor da tese de acordo cos criterios editoriais da Fundación Arquia.

As teses que obteñan «mención» terán unha consideración preferente nos plans editoriais da Fundación Arquia.

O concurso poderá ser declarado deserto. A decisión do concurso comunicarase ás persoas participantes por correo electrónico e será inapelable.


7. Procedemento de alta no rexistro

Proceso de alta e inscrición no concurso de teses para novo usuario da plataforma:

  • Se aínda non es usuario da plataforma da fundación, debes inscribirte no concurso Teses premendo na ligazón ">«Inscrición IX concurso bienal» ou no botón ">«Rexistrarse» da parte inferior esquerda do menú.
  • Enviaráselle un correo electrónico conforme se recibiu a súa solicitude de inscrición. A solicitude será validada manualmente pola Fundación e o solicitante deberá esperar á recepción dun segundo correo que confirme a súa participación no concurso.
  • A partir dese momento terá acceso á súa área privada iniciando sesión na plataforma co usuario (correo electrónico) e contrasinal que facilitou anteriormente ao facer a inscrición.
  • Dende a área privada deberá dar de alta a tese con que participará no concurso automaticamente.

Proceso de alta e inscrición no concurso de teses para usuario da plataforma que non participou en Teses 2011:

  • Un usuario xa rexistrado na plataforma, mais que non participou no concurso Teses 2011, debe iniciar sesión na plataforma inserindo o usuario (correo electrónico) e contrasinal.
  • Logo deberá inscribirse no concurso Teses 2013 premendo na ligazón Rexistrarse en arquia/teses.
  • Enviaráselle un correo electrónico conforme se recibiu a súa solicitude de inscrición. A solicitude será validada manualmente pola Fundación e o solicitante deberá esperar á recepción dun segundo correo que confirme a súa participación no concurso.
  • A partir dese momento terá acceso á súa área privada iniciando sesión na plataforma co usuario (correo electrónico) e contrasinal que facilitou anteriormente ao facer a inscrición.
  • Dende a área privada deberá dar de alta a tese con que participará no concurso automaticamente.

Proceso de inscrición para usuario que xa participou en Teses 2011:

  • O usuario debe acceder á súa área privada co usuario (correo electrónico) e o contrasinal con que se rexistrou e premer no botón Participar en concurso 2013


A novena convocatoria do concurso bienal de teses doutorais de arquitectura da fundación foi posible grazas ao financiamento obtido do Fondo de Educación e Promoción de Arquia Caixa de Arquitectos.

Fundación Arquia
abril 2013

mi área privada