X concurso bienal arquia/tesis 15

Concurso bienal orientado á selección de teses doutorais inéditas coa intención de incrementar o fondo editorial da colección arquia/teses, pondo ao alcance do público interesado un valioso material que, doutro xeito, resultaría dificilmente accesible.

Bases
Obxecto
A Fundación Arquia convoca a X edición do concurso arquia/teses, orientado á selección de teses doutorais inéditas para a súa posterior publicación na colección arquia/teses editada pola Fundación Arquia.
Candidatos
Poderán participar no concurso aqueles arquitectos españois que lesen a súa tese doutoral en calquera escola ou facultade de Arquitectura do mundo, así como aqueles arquitectos estranxeiros cuxa tese doutoral fose lida en calquera escola de Arquitectura española.
Calendario
Apertura convocatoria: abril de 2015
Período de inscrición: de abril ao 16 de xuño de 2015 ás 12.00 do mediodía
Resultados: decembro 2015
Documentación e envío
Unha vez realizada a inscrición, o candidato debe acceder á área privada de usuario inserindo o correo electrónico e o contrasinal e achegando os arquivos solicitados:
  • Unha imaxe de capa (JPG 760x524)
  • Arquivo PDF (peso máximo 5 MB) DIN A-4, 20 páxinas. Resumo da tese en lingua castelá que conteña: índice da tese, resumo do seu contido e breve explicación dos procesos de reelaboración que o autor considera necesarios para adaptar a tese tanto ao formato como á liña editorial da colección arquia/teses da Fundación Arquia.
O candidato debe completar como mínimo os campos obrigatorios: Título da tese, resumo en castelán (máximo 5 000 caracteres), resumo en inglés (máximo 5 000 caracteres), tema da tese, director da tese, data de lectura, tribunal, centro de lectura.

A información pódese editar até o día que rematen as inscricións.
Nunha segunda fase do concurso, solicitaranse aos concursantes seleccionados as teses orixinais en castelán para seren valoradas polo xurado.
Inscrición

A inscrición ao concurso arquia/teses só pode realizarse a través do sistema de inscrición en liña completando o formulario específico.
Inscrición convocatoria 2015

Data límite de inscrición
16 de xuño de 2015 ás 12.00 do mediodía
Data límite envío documentación
16 de xuño de 2015 ás 12.00 do mediodía
Xurado
O xurado estará composto por:
Presidente
Manuel Gausa Navarro
Profesor catedrático de Arquitectura da Paisaxe / Proxectos Arquitectónicos, DSA – Dipartimento per le Scienze Architettoniche, Università degli Studi di Genova
Deán do IAAC, Institut d´Arquitectura Avançada de Catalunya
Manuel Gausa Navarro (Barcelona, 1959) é arquitecto dende 1983 (ETSAB-UPC) e doutor arquitecto dende 2005 (cum laude, ETSAB-UPC).
Actualmente é profesor catedrático de Arquitectura da Paisaxe / Proxectos Arquitectónicos e director-coordinador...
Vogal
Félix Juan Bordes Caballero
Catedrático de Proxectos Arquitectónicos da ETSA das Palmas de Gran Canaria
Nace o 7 de outubro de 1939 nas Palmas de Gran Canaria, arquitecto e pintor, catedrático de Proxectos Arquitectónicos da Escola Superior de Arquitectura.
Dirixiu un taller integral de proxectos dende 1.º curso até fin de carreira para a ETSA das Palmas.
Esta unidade docente estaba dedicada especialmente ás reflexións sobre a cidade, ao tratamento da ordenación e proxecto das franxas costeiras, os núcleos habitados de pequena dimensión e a rehabilitación da paisaxe rural.
Fundador de GADAP BORDES, S.L.P. (Grupo Atlántico de Deseño, Arquitectura, Plan), equipo profesional...
Vogal
Luz Fernández-Valderrama Aparicio
Profesora titular de Proxectos Arquitectónicos da ETSA de Sevilla
Arquitecta dende 1993 (número 1 da promoción) pola ETSA de Sevilla, doutora dende 2000, profesora titular do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da ETSA de Sevilla dende 2004, e directora dese departamento de 2007 a 2010. Autora do libro «La construcción de la mirada: tres distancias» e de artigos de investigación publicados en medios de difusión internacional e nacional. Realizou máis de 9 meses de estancias de investigación en diferentes universidades estranxeiras (Universidade de Valparaíso, Universidade Técnica Federico Santa María en Chile, Universidade Mayor San Simón en Cochabamba en Bolivia, e TU de Berlín). Actualmente é responsable do grupo de investigación PAIDI, HUM-985 IN-GENTES: Investigación en Xeración de Territorios (www.ingentes.es) e...
Francisco Javier Cabrera y Cabrera
Patrón e representante da Fundación Arquia
Naceu no ano 1957 nas Palmas de Gran Canaria onde rematou os seus estudos de Arquitectura en 1981.
Dedicouse nos seus primeiros anos á docencia na Escola de Arquitectura das Palmas, estivo vinculado a tarefas relacionadas coa profesión dende a Hermandad Nacional de Arquitectos e o Colexio de Arquitectos de Canarias (onde ocupou diferentes cargos), e exerceu a profesión libre de arquitecto durante todos estes anos até a actualidade.
Así mesmo, é conselleiro da Caixa de Arquitectos e patrón da Fundación Arquia na actualidade.
Secretario
José Antonio Sosa-Saavedra
Director da colección arquia/teses
Catedrático de Proxectos Arquitectónicos da ETSA das Palmas de Gran Canaria.
Nado nas Palmas de Gran Canaria en 1957. Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid, doutor arquitecto e catedrático de Proxectos Arquitectónicos da ULPGC, investigador visitante na Universidade de Harvard (2000), crítico convidado na ETH de Zúric, Studio Basel (2005). Socio principal de nred arquitectos. Socio principal de Alonso-Sosa architects. Formou parte de exposicións colectivas como a organizada pola Eight Floor Gallery baixo o lema...

mi área privada