Verbo do directorio profesional

A Fundación Arquia presenta o directorio profesional de arquitectura, un espazo dentro da Plataforma FQ que reúne arquitectos, estudantes, empresas de arquitectura e institucións co fin de mostrar os seus perfís profesionais, mellorando a súa visibilidade na rede e difundindo a súa actividade á gran audiencia global que consulta a web da fundación.

Directorio profesional

O directorio profesional presenta as fichas profesionais, xestionadas polo usuario dende a súa área privada. Toda a información que se mostra nas fichas profesionais é definida na xestión de currículos.
A galería de profesionais mostra unha selección aleatoria das fichas profesionais existentes na nosa base de datos determinada polo sistema Math Random. Cada vez que se accede á páxina web ou que esta se actualiza, a galería actualízase e mostra unha nova selección.


Buscador de profesionais

Para realizar unha procura no directorio profesional, a páxina da fundación dispón dun motor de procura dende o que se poden aplicar filtros segundo necesidades específicas para localizar, dunha maneira rápida e eficaz, a ficha profesional daquel estudante, arquitecto, empresa, estudio ou institución que máis se axeite ás súas necesidades.


Alta no directorio

A alta no directorio profesional está reservada a estudantes de Arquitectura, profesionais, estudios e empresas de arquitectura e institucións.
Se te queres unir ao directorio profesional, podes acceder ao formulario de rexistro dende a ligazón que atoparás ao pé de páxina ou dende a opción Rexistrarse no menú lateral da páxina.
Unha vez que esteas rexistrado como usuario da Plataforma FQ, accede ao apartado Perfís na área de usuario da túa área privada onde poderás crear, nuns poucos minutos, a túa ficha profesional ou a da túa empresa ou institución.

Máis información sobre perfís profesionais

Completa a información da ficha profesional coas realizacións da túa actividade profesional. Para iso, accede ao apartado Realizacións da túa área privada e achega dunha maneira rápida e cun formato atractivo a información sobre as túas obras e actividades.

Máis información sobre realizacións

Nota: A fundación non é responsable da veracidade dos datos achegados polos usuarios ás súas fichas profesionais do directorio profesional.


Rexístrate en FQ para formar parte
do directorio profesional de arquitectura


mi área privada