Verbo do directorio de realizacións

A Fundación Arquia presenta o directorio de realizacións, un espazo dentro da Plataforma FQ en que se amosa a actividade profesional dos arquitectos, estudantes e empresas de arquitectura.

Directorio realizacións

No ano 2006 iniciouse o programa arquia/próxima concibido para ofrecer apoio aos arquitectos españois nos dez primeiros anos de exercicio profesional e baseado na difusión, promoción e posta en valor das súas realizacións e principios como profesionais.
Con este fin, elaborouse un apartado web en que mostrar as realizacións dos arquitectos novos que eles mesmos subían á web e que posteriormente participaban na convocatoria arquia/próxima.
A fundación, a partir do gran éxito de arquia/próxima e seguindo os principios de fomento da arquitectura en España, decide ampliar a funcionalidade restrinxida inicialmente aos arquitectos novos a todo aquel profesional da arquitectura que desexe difundir a súa actividade profesional na Plataforma FQ a unha audiencia global de estudantes, arquitectos e posibles clientes.
Este novo espazo, diferenciado de arquia/próxima, constitúese como directorio de realizacións e forma parte do módulo profesional, a nova proposta da fundación.
En 2015, a fundación introduce no directorio de realizacións os elementos máis significativos das obras do Rexistro DOCOMOMO Ibérico (256 en España e 70 en Portugal), podendo filtralas por denominación, uso, autor ou localización, e que inclúe ao longo do ano as 1 144 obras relevantes a nivel nacional e internacional, e finalmente as 577 restantes de importancia local. Estas realizacións xeolocalizadas, xunto coas realizacións FQ, poden ser incorporadas aos itinerarios que o usuario desexe xerar.


Galería de realizacións

A galería de realizacións mostra unha selección aleatoria das fichas das realizacións existentes na nosa base de datos determinada polo sistema Math Random. Cada vez que se accede á páxina web ou que esta se actualiza, a galería actualízase e mostra unha nova selección.


Buscador de realizacións

Para realizar unha procura no directorio de realizacións, a páxina da fundación dispón dun motor de procura dende o que se poden aplicar filtros segundo necesidades específicas para localizar, dunha maneira rápida e eficaz, a ficha da realización ou realizacións que máis se axeiten aos criterios definidos polo usuario.


Xeolocalizador

FQ ofrece a opción de activar a xeolocalización das realizacións publicadas no directorio profesional de realizacións FQ para que poidan ser incorporadas aos itinerarios personalizados que os usuarios da fundación queiran xerar.


Itinerarios

FQ convida os usuarios de FQ a xerar os seus propios itinerarios, personalizables, a partir daquelas realizacións publicadas no directorio profesional de realizacións FQ.


 
Novidades

O apartado de novidades mostra, agrupadas segundo tramo de idade, as últimas realizacións publicadas na Plataforma FQ para poder estar ao día das últimas propostas e obras.


Alta de realizacións

A alta de realizacións no directorio está reservada a estudantes de Arquitectura, profesionais, empresas de arquitectura e institucións.
Se queres que a túa actividade profesional se mostre no directorio de realizacións, podes acceder ao formulario de rexistro dende a ligazón que atoparás ao pé de páxina ou dende Rexistrarse no menú lateral da páxina.
Unha vez que esteas rexistrado como usuario da Plataforma FQ, accede ao apartado Realizacións na área profesional da túa área privada onde poderás crear, nuns poucos minutos, as túas fichas de realizacións.

Máis información sobre realizacións

Para iniciar unha realización, preme en Nova realización e aparecerache un formulario en que poderás definir o título da realización e a autoría, xestionar os seus participantes, incluír unha presentación mediante texto, especificar a información técnica, crear as galerías multimedia da realización e, por último, definir a privacidade e uso da realización.
Unha vez que marques a opción Engadir a directorio de realizacións, a realización incorporarase á listaxe do directorio de realizacións.
Completa a información da ficha profesional coas realizacións da túa actividade profesional.
Para iso, accede ao apartado Realizacións da túa área privada e achega dunha maneira rápida e cun formato atractivo a información sobre as túas obras e actividades.
Incorpora nos teus currículos as realizacións. En breve habémosche ofrecer unha funcionalidade que che permitirá definir o formato final da presentación.

Nota: A fundación non é responsable da veracidade dos datos achegados polos usuarios nas fichas das realizacións do directorio de realizacións.


Rexístrate en FQ para formar parte
do directorio profesional de arquitectura


mi área privada