Novas de arquia/audiovisuais


Documental en DVD+libro: arquia/documental 25. BUCKMINSTER FULLER

23 ABRIL 2013 / AUDIOVISUAIS

Buckminster Fuller (1895-1983) foi arquitecto, enxeñeiro, xeómetra, filósofo, futurista, inventor da famosa cúpula xeodésica e un dos pensadores máis brillantes da súa época. O seu legado faise cada vez máis relevante e deixou unha folla de ruta para guiar o noso planeta lonxe do esquecemento, cara a un futuro sustentable para toda a humanidade.

No documental O MUNDO DE FULLER, o realizador Robert Snyder, marido de Allegra, a filla de Fuller, rende homenaxe ao arquitecto, permitindo que Fuller transmita unha mensaxe íntima, persoal e inspiradora ao noso fráxil mundo.

*Visita a canle da colección en Youtube: http://www.youtube.com/arquiaDOCUMENTAL

 

mi área privada