Novas de arquia/audiovisuais


Documental en DVD+libro: arquia/documental 26. MIES VAN DER ROHE

14 JUNIO 2013 / AUDIOVISUAIS

Mies van der Rohe (1886-1969) foi un arquitecto inflexible na súa procura da perfección arquitectónica. Dicía «Estou convencido de que a arquitectura é a expresión máis significativa dunha civilización». Mies sempre sentiu que estaba a librar unha guerra pola alma do Movemento Moderno e así reduciu os seus edificios ao absoluto platónico, á evocación da idea máis pura e mínima: menos é máis.

O documental MIES, elocuentemente narrado polo seu biógrafo por excelencia, Franz Schulze, inscríbese no conxunto de producións derredor da celebración do centenario, en 1986, do nacemento de Mies van der Rohe. Dende Nova York, Chicago, Berlín e Barcelona traballouse para actualizar a mirada sobre a obra do arquitecto. A película comeza e remata con imaxes das obras de construción do pavillón de Alemaña para a Exposición Internacional de 1929. Durante toda a filmación intercálanse declaracións co relato cronolóxico da obra e con manifestacións do propio Mies, procedentes de gravacións de arquivo.

 

mi área privada