Novas de arquia/audiovisuais


Documental en DVD+libro: arquia/documental 29. JULIUS SHULMAN

27 ENERO 2014 / AUDIOVISUAIS

JULIUS SHULMAN (1910-2009) foi un dos principais fotógrafos de arquitectura do século xx. Naturalista, educador e comentarista da forma urbana, Shulman desenvolveu unha estreita relación cos arquitectos do Movemento Moderno, principalmente cos que traballaban no sur de California, como Gregory Ain, John Lautner, Richard Neutra e R.M. Schindler. Shulman tamén capturou o traballo de case todos os arquitectos americanos modernos e progresistas dende 1936, incluíndo Frank Lloyd Wright e Frank Gehry. Autor prolífico, consultor, conferenciante, expositor e editor do seu propio e vasto arquivo, Shulman mantívose activo até o seu falecemento en xullo de 2009.

O documental «Acústica visual», narrado polo actor Dustin Hoffman, celebra a vida e a carreira do fotógrafo Julius Shulman, cuxo traballo tanto contribuíu á promoción da cidade de Los Ángeles e do estilo de vida do sur de California durante os anos 1950 e 1960. As fotografías de Shulman personificaron a singular beleza do Movemento Moderno e deron a coñecer as iconas da súa estrutura ao público en xeral. Esta película é un testemuño único da evolución da arquitectura moderna, á vez que un retrato alegre e fiel do cabaleiro que soubo captalo e narralo intelixentemente a través de imaxes inesquecibles.

 

mi área privada