Novas de arquia/audiovisuais


Documental en DVD+libro: arquia/documental 30. JOSEP LLUÍS SERT

19 DICIEMBRE 2014 / AUDIOVISUAIS

JOSEP LLUÍS SERT (1902-1983) acadou fama mundial a mediados do século xx. Apóstolo do racionalismo en España, discípulo de Le Corbusier, amigo de Gropius, Sert soubo atopar unha linguaxe arquitectónica propia e unha síntese entre planeamento e arquitectura que denominou «deseño urbano» e que hoxe en día forma parte do vocabulario profesional. Decano da Harvard School of Design durante quince anos, formou xeracións de arquitectos e traballou profesionalmente co que obtivo importantes premios. Traballou tamén en América Latina, Oriente Medio e sobre todo na súa querida Europa mediterránea, que el consideraba unha rexión con cultura común, máis aló das fronteiras.

O documental «Un sueño nómada» narra a interesante historia de Josep Lluís Sert que, nado nun ambiente aristocrático e cosmopolita, se implicou con entusiasmo nas mudanzas que carrexou a República Española. Ao final da Guerra Civil tivo que exiliarse, recalando nos Estados Unidos, primeiro en Nova York e despois en Boston. Vitalista lúcido, católico socializante, home de mundo e fiel ás súas amizades, Sert foi descrito como un urbanista que non construíu cidades e artista que non pintaba, e que predicou racionalidade mais sen esquecer a necesidade do belo.

 

mi área privada