Novas de arquia/audiovisuais


PREMIOS FAD 2017 PENSAMENTO E CRÍTICA: ARQUIA/MESTRES

16 MAYO 2017 / AUDIOVISUAIS

A colección ARQUIA/MESTRES obtivo a mención do xurado 2017 nos PREMIOS FAD 2017 PENSAMENTO E CRÍTICA: «Polo labor documental do autor e a editorial», nas súas edicións dedicadas aos mestres arquitectos FEDERICO CORREA, ANTONIO LAMELA e ANTONIO VÁZQUEZ DE CASTRO.

Edicións 2016 Colección Arquia/Mestres:

a/m 7. FEDERICO CORREA (Barcelona, 1924)
a/m 8. ANTONIO LAMELA (Madrid, 1926-2017)
a/m 9. ANTONIO VÁZQUEZ DE CASTRO (Madrid, 1929)

Ver tráiler>

Director da colección: Luis Fernández-Galiano, arquitecto.

A colección arquia/mestres é un programa cultural ideado, producido e editado pola Fundación Arquia que consiste en gravacións de entrevistas (monografías audiovisuais en DVD) realizadas a arquitectos relevantes da arquitectura contemporánea. O obxecto da colección é que mestres salientables da arquitectura transmitan o seu pensamento, de viva voz, a xeracións futuras de arquitectos.

As entrevistas, conducidas polo director da colección, seguen guións de idéntica estrutura: unha conversa orquestrada en seis partes que percorre cronoloxicamente o itinerario de cada un dos mestres. A introdución, até o período de formación, vai seguida de cinco seccións que empregan como fío condutor a obra construída. En cada sección destácanse tres delas como fitos do percorrido biográfico.

 

mi área privada