Novas de arquia/audiovisuais


Novo documental en DVD+libro: arquia/documental 36. JOHN LAUTNER. ESPACIO INFINITO

13 JUNIO 2018 / AUDIOVISUAIS

O documental é o retrato de John Lautner (1911-1994), un arquitecto visionario marcado pola innovación e a inspiración, batallas interminables con códigos de construción, salto accidental ao epicentro da cultura pop, amargura na perda de oportunidades e, finalmente, o logro monumental. Lautner foi idolatrado pola mocidade vangardista, criticado por académicos e adorado polos seus clientes. O documental mostra material de arquivo excepcional: debuxos orixinais e fotografías históricas, emotivas lembranzas de familiares, antigos clientes, propietarios e construtores, así como comentarios de Sean Connery, Frank Gehry e Julius Shulman, o principal fotógrafo dos arquitectos modernos e do estilo de vida do sur californiano.

Libreto da edición a cargo do arquitecto Jorge Gorostiza, autor de numerosos artigos e libros sobre cine e arquitectura, comisario de exposicións e xurado en festivais. Dirixiu a Filmoteca Canaria entre 2000 e 2005. Escribe o seu propio blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD.

 

 

mi área privada