Novas de arquia/audiovisuais


Documental en DVD+libro: arquia/documental 22. LE CORBUSIER

23 DICIEMBRE 2011 / AUDIOVISUAIS

A colección arquia/documental presenta o seu volume 22 sobre a cabana de madeira que Le Corbusier construíu na Costa Azul, o documental LE CORBUSIER. LE CABANON, dirixido por Rax Rinnekangas (Finlandia, 2010, 60 min).

O documental LE CABANON conta a historia da cabana de madeira que Le Corbusier debuxou, en corenta e cinco minutos, á súa esposa Yvonne, como regalo de aniversario. Ocorreu un 30 de decembro de 1951 en Roquebrune-Cap Martin (Francia), estando no merendeiro «L'étoile de mer», sobre o que apoiaría unha das paredes da súa nova habitación, fiel ao Modulor. A Le Corbusier gustáballe dicir que «Hai un castelo na Costa Azul que mide 3,66 x 3,66 m. É para a miña esposa. É extravagante canto á súa comodidade e á súa simplicidade».

*Visita a canle da colección en Youtube: http://www.youtube.com/arquiaDOCUMENTAL

 

mi área privada