Novas de arquia/audiovisuais


Premio á colección arquia/documental na VII BIENAL IBEROAMERICANA (BIAU)

24 JULIO 2011 / AUDIOVISUAIS

A Fundación Caixa de Arquitectos recibiu o pasado 26 de abril o Premio de Publicacións no apartado «Outros soportes» outorgado pola VII Bienal Iberoamericana pola súa colección arquia/documental en soporte DVD.

O xurado, formado por Alberto Escovar (Colombia), Ramón Guitérrez (Arxentina) e Carlos Quintáns (España), tras examinar todas as publicacións enviadas polos delegados nacionais, valora o crecemento das presentacións realizadas noutros soportes, dentro dunha área en que hai unha produción crecente que é de indubidable interese para o mundo da arquitectura e o urbanismo, e destaca a importancia da formación sistemática dunha serie como a que propón a Fundación Caixa de Arquitectos, que posibilita o acceso en castelán a un material de difícil localización e de extraordinaria importancia para o coñecemento da arquitectura moderna. Esta colección completa as outras que a fundación realiza (arquia/temas, arquia/teses…) e que xa están debidamente recoñecidas e merece, por tanto, ser premiada nesta categoría.

 

mi área privada