Novas de arquia/audiovisuais


Proxección de documentais en salas

29 MARZO 2012 / AUDIOVISUAIS

A Fundación Caixa de Arquitectos ofrece ás escolas de Arquitectura e colexios de arquitectos de España, así como ás institucións do eido da arquitectura e o deseño, os títulos publicados na colección arquia/documental para a súa proxección en salas non-comerciais (entrada de balde) co fin de promover a creación de ciclos documentais de arquitectura.

Os títulos dispoñibles sen custo algún son: Lucio Costa, Jørn Utzon, Le Corbusier na India, Charles Correa, Hans Scharoun, Sir John Soane, Enric Miralles, Antoni Gaudí, Renzo Piano, Richard Neutra, Shigeru Ban e Eileen Gray.

Outros títulos dispoñibles, cun custo de cen euros que se aboarán ao produtor de cada documental a través da Fundación Caixa de Arquitectos, son: Santiago Calatrava, Rem Koolhaas, Herzog & De Meuron, Konstantín Mélnikov, Alvar Aalto, Tadao Ando, Luis Barragán e Le Cabanon de Le Corbusier.

A finais de 2012 poderán solicitarse os seguintes documentais: KOCHUU (sobre a influencia da arquitectura xaponesa na nórdica), Buckminster Fuller e Mies van der Rohe.

Solicitude de copias para proxección: directamente en arquia/filmoteca

 

mi área privada