Verbo de arquia/publicacións

A editorial da Fundación Arquia destaca polo seu labor divulgador do coñecemento arquitectónico, pola liña de edición coherente, cun deseño coidado e un contido recoñecido tanto polo colectivo académico coma polo profesional.

A actividade editorial da fundación en soporte papel concéntrase en tres coleccións: Arquia/Teses, Arquia/Temas e «La cimbra» orientadas á publicación de traballos de investigación en arquitectura. Editáronse até a data máis de 80 títulos cun total de 140 000 exemplares.

A produción editorial da Fundación Arquia foi galardoada con diferentes premios e o seu prestixio é crecente. As diferentes publicacións están a ser xa citadas nas bibliografías das teses doutorais que se len cada ano nas escolas de Arquitectura, convertidas así en obras de referencia.

Na súa vontade de difundir a cultura arquitectónica, a fundación pon ao alcance do lector, previa autorización dos autores, descargas dalgunhas publicacións de balde. Trátase de títulos xa descatalogados cuxa difusión se desexa manter dado o indubidable interese dos seus contidos.

colección arquia/teses

colección arquia/temas

colección arquia/la cimbra

Comprende algunhas das teses doutorais máis relevantes que se realizaron nas escolas españolas de Arquitectura, estudos sobre arquitectura xurdidos da destilación dun longo traballo de investigación que conteñen achegas orixinais sobre os temas que abordan. Boa parte dos títulos publicados procede do concurso bienal de teses de arquitectura.

Director da colección: Carlos Martí Arís

Un lugar aberto á reflexión arquitectónica. Colección que se orixina en traballos de investigación, de difícil encaixe comercial mais de indubidable interese e que habitualmente quedan fóra do mundo das publicacións. Arquia/Temas pretende cubrir ese espazo vacante concentrando obras dispares e de carácter non necesariamente académico.

A teoría da arquitectura xa non posúe a solidez e a densidade dos antigos tratados. A súa condición actual é máis liviá e volátil, e maniféstase dun modo ocasional en artigos, debates ou entrevistas. Para evitar que ese saber se perda ou se disipe, esta colección desexa recompilar as achegas dalgúns autores que desenvolveron un pensamento intenso derredor da arquitectura.

Director da colección: Luís Martínez Santamaría

mi área privada