Novas de arquia/publicacións


Descarga de balde de arquia/teses 15 «El árbol, el camino, el estanque, ante la casa» de Luis Martínez Santa-María

26 MARZO 2013 / PUBLICACIÓNS

Este libro analiza e recréase nun conxunto de proxectos extraordinarios de grandes arquitectos, como Aalto, os Smithson, Le Corbusier, Mies van der Rohe, Lewerentz, Asplund ou Libera. Interpreta eses proxectos de casas na súa conxunción con algo que se atopa no seu exterior: a árbore, o camiño, o estanque. Ao facelo desvela sentidos profundos do que significa construír e do que significa vivir e soñar a vida propiciada por esa construción. A árbore, o estanque ou o camiño entran por igual no doméstico, na compañía física e na imaxinación do falar cotián. Ao volvernos cara a eles, ao miralos e pensar neles, transfórmanse en figuras íntimas e, sobre todo, xunto á súa calada presenza fanse evidentes funcións radicais da casa.

 

mi área privada