Novas de arquia/publicacións


arquia/teses 37 «Utopías domésticas. La casa del futuro de Alison y Peter Smithson», de Nieves Fernández Villalobos.

27 MARZO 2013 / PUBLICACIÓNS

Arquitectura, paisaxe, arte, deseño e cinema entrelázanse neste libro que vai do particular ao universal, provocando unha actitude reflexiva sobre o concepto de casa do futuro na arquitectura contemporánea. Os primeiros capítulos van desentrañando paulatinamente o pensamento de mocidade de Alison e Peter Smithson a través das súas primeiras obras perecedoiras e soñadoras. A súa casa do futuro, peza central da investigación, permite ser estudada a partir de distintos puntos de vista: dende a intención dos autores, dende o que mostraron na exposición e dende o que a vivenda pode suxerir. De carácter efémero e vocación utópica, esta obra mostra o rostro máis optimista e alegre dos seus autores, á vez que abre vías para novas utopías domésticas. A pesar da súa curta vida, a vivenda foi planeada polos Smithson como un proxecto máis amplo con que analizar diferentes aspectos do habitar. No resultado concorren poeticamente soños da casa pasados, presentes e futuros, que manteñen sempre o habitante no centro da utopía, os seus anhelos, recordos e necesidades. A través da casa do futuro dos Smithson, o libro propón unha suxestiva viaxe que culmina nun carrusel de utopías —algunhas próximas á ciencia ficción— que contribúen a esclarecer as intencións do singular proxecto da parella británica. A análise destas optimistas propostas permítenos tamén seguir soñando cun futuro posible, malia que aínda afastado.

 

mi área privada