Novas de arquia/publicacións


Descarga de balde arquia/teses núm. 14: «Cornelis van Eesteren. La experiencia de Amsterdam» de Julián Galindo González

08 MAYO 2013 / PUBLICACIÓNS

A fundación segue a recuperar para a súa descarga en PDF as publicacións da colección arquia/teses descatalogadas. Poñemos ao dispor dos usuarios rexistrados na web da fundación, para descarga e visualización de balde en PDF, a publicación arquia/teses núm. 14 «Cornelis van Eesteren. La experiencia de Amsterdam» de Julián Galindo González, editada pola fundación no ano 2003.

Este traballo é froito dunha insistente e sempre intencionada mirada a un plan que representa a consolidación da urbanística moderna, un momento histórico moitas veces mal interpretado e demasiadas veces vinculado a esa imaxe de desolación que presentan as nosas periferias, onde as edificacións, en forma de bloque aberto, se dispoñen unhas a carón das outras de maneira máis ou menos próxima, mais incapaces de dialogaren entre si e alleas á idea de conxunto.

 

mi área privada