Novas de arquia/publicacións


Descarga de balde: arquia/teses 11 «La arquitectura de Gunnar Asplund» de Manuel López-Peláez

07 OCTUBRE 2013 / PUBLICACIÓNS

A fundación segue a recuperar as publicacións da colección arquia/teses descatalogadas para a súa descarga en PDF.

Xa está dispoñible para os usuarios rexistrados na web da fundación para descarga e visualización en PDF de balde a publicación arquia/teses 11 «La arquitectura de Gunnar Asplund» de José Manuel López-Peláez.

 

A arquitectura de Asplund nunca deixa o visitante só, senón que lle brinda un apoio que non se impón, que chega casual, gratuíto. Non é habitual atopar esa solicitude noutras arquitecturas, esa atención discreta (en absoluto servil ou funcional, senón cordial), posto que esoutras adoitan oscilar entre a excitación nerviosa aos sentidos do visitante, o estímulo inquisitivo á imaxinación sorprendida, a subxugación admirada do público (ou o simple desinterese tolerante cara ao visitante).

Este libro compórtase con respecto ao lector igual que acontece nunha arquitectura de Asplund, libros que o lector pode sen dúbida coñecer, libros familiares, que forman parte xa da memoria de calquera arquitecto. É o propio lector quen se vai dirixir cara a Asplund, e no traxecto cara á súa arquitectura, é dicir, no texto de José Manuel López-Peláez, Asplund non vai quedar substituído por unha tradución escrita da súa obra, unha interpretación que o resolve, prende e desentraña (como acontece en tantas outras monografías sobre a obra dalgún arquitecto), senón que o libro se convirte, pola oportuna memoria aos seus predecesores, os outros libros, nun episodio máis do camiño con que, dende xeracións, os arquitectos acudiron á arquitectura de Asplund. 

Josep Quetglas

Podes descargar a publicación iniciando sesión co teu nome de usuario e contrasinal na web FQ e accedendo á ficha da publicación arquia/teses 11: La arquitectura de Gunnar Asplund.

 

mi área privada