Novas de arquia/publicacións


Descarga de balde de arquia/teses 17: «La caja mágica. Cuerpo y escena» de Fernando Quesada

07 MAYO 2014 / PUBLICACIÓNS

A Fundación Arquia segue a recuperar as publicacións da colección arquia/teses descatalogadas para a súa descarga en PDF. Neste caso, podemos gozar da publicación arquia/teses 17: «La caja mágica. Cuerpo y escena» de Fernando Quesada.

«Adoitamos identificar o espectáculo cun acontecemento “fabricado”, precociñado ou preparado para un espectador en letargo, desexoso de recibir estímulos cuxo fin último é a narcose. Aparecen así unhas palabras asociadas normalmente co espectacular, tales como sedución, subxugación, rapto, e mesmo submisión.

Estas palabras inscriben o espectador na pasividade, á vez que implican a existencia dun axente activo que exerce a sedución, que subxuga, que domina. E ningunha obra de arte manifesta o seu contido ideolóxico tanto coma a obra de arte espectacular. Con todo, poderiamos reconsiderar o significado do espectáculo arquitectónico.

Na orixe, o termo latino spectacula designaba o lugar do espectador, o seu espazo. E habería a posibilidade de ver no espectáculo o mellor instrumento para a autorrepresentación, é dicir, consideralo como o lugar arquitectónico dispoñible para a escritura da autobiografía do espectador». Fernando Quesada.

 

 

mi área privada