Novas de arquia/publicacións


la cimbra 10: «La arquitectura como arte impuro», de Anton Capitel, finalista da IX BIAU

22 MAYO 2014 / FUNDACIÓN

A publicación La arquitectura como arte impuro, de Anton Capitel, editada pola Fundación Arquia na colección La Cimbra, foi distinguida como finalista xunto a outras 8 publicacións polo xurado da IX BIAU.

Na actual edición presentáronse 296 publicacións: 181 libros, 56 publicacións periódicas, 37 noutros soportes e 21 sen categoría.

Segundo o xurado formado por Ricardo Blinder (Arxentina), Miguel Mesa (Colombia) e Jeannette Plaut (Chile), na selección seguíronse os criterios de calidade e coherencia do contido, estrutura interna, deseño gráfico e aposta editorial, ademais de ser en si mesmas unha achega ao estado da arte.

Pode consultarse a relación de publicacións premiadas aquí. Para consultar en detalle as obras premiadas nas diferentes categorías da convocatoria, pode accederse á memoria dos premios.

 

 

mi área privada