Novas de arquia/publicacións


Nova colección e-temas

24 JULIO 2014 / PUBLICACIÓNS

A Fundación Arquia inicia a nova colección arquia/ e-temas destinada ao estudantado e os profesionais da arquitectura que teñan interese en ampliar os seus coñecementos. A colección ofrece unha serie de textos profesionais de carácter práctico no campo da arquitectura e do urbanismo sobre as tecnoloxías orientadas á sustentabilidade, rehabilitación, aforro de enerxía e de recursos, así como sobre os novos procesos de desenvolvemento da práctica profesional que necesariamente convivirán co mantemento dun exercicio liberal.

arquia/e-temas é unha colección de publicacións dixitais en formato de aplicación web que permite o acceso ou descarga directa gratuíta en calquera tipo de dispositivo do contido de cada publicación accedendo de maneira fácil e intuitiva. A Fundación Arquia, na súa constante procura da innovación, incorpora nesta nova colección, ademais das características do visor de PDF, funcionalidades que permiten a interacción en tempo real co autor para poder formular preguntas ou suxestións e a actualización periódica do contido. Os diferentes exemplares da colección presentarán características e funcionalidades adaptadas á súa temática e contidos, convertendo arquia/e-temas nunha colección dinámica e en continuo desenvolvemento.

 

 

mi área privada