Novas de arquia/publicacións


Catálogo arquia/próxima 2014: Fóra

18 NOVIEMBRE 2014 / PUBLICACIÓNS

Compráceme comunicarche que xa está dispoñible na web da Fundación Arquia para usuarios verificados ou acreditados a visualización en PDF do catálogo arquia/próxima 2014: FÓRA.

O visualizador de PDF que che ofrece a Fundación Arquia permite a impresión ou descarga gratuítas por páxinas ou de todo o documento. Ademais, incorpora funcionalidades como inserir notas, un marcapáxinas que permite ir sinalando os proxectos interesantes e unha selección de ferramentas de edición e debuxo.

Este volume recolle as 120 realizacións catalogadas polo xurado da edición arquia/próxima 2012-2013 formado pola comisaria Eva Franch e o xurado integrado por Emilio Tuñón, Izaskun Chinchilla, Toni Gironès, Andrés Jaque e Luís Úrculo.

A cuarta edición 2012-2013 rematou co IV Foro arquia/próxima 2014: Fóra, que se celebrou o 23 de outubro de 2014 no Auditorio Manuel de Falla de Granada onde preto de 400 arquitectos se deron cita para debateren sobre a situación actual e futura do sector, coñecer o catálogo desta edición e os detalles das 29 obras finalistas.

O título FÓRA [fóra de lugar, fóra de contexto, fóra de serie, for o que for] é tempo de saír fóra convida a abandonar as prácticas herdadas durante os últimos anos e é á vez unha chamada a volver dentro dos espazos de responsabilidade históricos asociados coa arquitectura.

 

 

 

mi área privada