Novas de arquia/publicacións


arquia/xornais IX BIAU Nuevas geografías. Contextos iberoamericanos

18 NOVIEMBRE 2014 / PUBLICACIÓNS

Compráceme comunicarche que xa está dispoñible na web da Fundación Arquia para usuarios verificados ou acreditados a descarga en PDF do xornal da IX BIAU, Nuevas geografías. Contextos iberoamericanos.

O visualizador de PDF que che ofrece a Fundación Arquia permite a impresión ou descarga gratuítas por páxinas ou de todo o documento. Ademais, incorpora funcionalidades como inserir notas, un marcapáxinas que permite ir sinalando os proxectos interesantes e unha selección de ferramentas de edición e debuxo.

O xornal de IX Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo levada a cabo en outubro de 2014 na cidade de Rosario, en Arxentina, recolle as 30 obras premiadas na presente edición, elixidas entre as máis de 1 000 propostas presentadas. Estas obras reflicten os mellores proxectos de arquitectura e de deseño urbano que incorporan os contextos e as demandas sociais, tecnolóxicas e climáticas na escala da arquitectura. Así mesmo, galardoáronse iniciativas e estratexias territoriais e urbanas que axudan a construír novas xeografías incorporando as esixencias das infraestruturas, resolvendo tensións económicas, valorando as ecoloxías únicas de Iberoamérica e favorecendo a cohesión social.

O xornal inclúe ademais a biografía e o detalle de cinco obras de Fruto Vivas, Premio Iberoamericano de Arquitectura e Urbanismo xunto aos textos sobre o tema da IX BIAU de Francisco Burgos e Ginés Garrido, directores da edición, e os textos sobre a exposición levada a cabo na bienal por FRPO, equipo que se encargou do seu concepto e deseño.

 

 

mi área privada