Novas de arquia/publicacións


arquia/temas 38 SIZAxSIZA

22 SEPTIEMBRE 2015 / PUBLICACIÓNS

"Este libro naceu coa intención de mostrar aspectos menos coñecidos do traballo do arquitecto Álvaro Siza. Coñecedores próximos da súa obra e da súa persoa crémonos obrigados a facer un libro sobre aspectos relevantes pero case nunca publicados do seu traballo.

Pero foi con ocasión da realización do libro que puidemos descubrir tamén outras dimensións da súa obra que non sospeitabamos. Foi durante as múltiples entrevistas que realizamos onde puidemos coñecer ao Siza incansable, sempre disposto a traballar e dialogar sobre arquitectura, pero foi sobre todo dentro do seu arquivo máxico e infinito de debuxos e de propostas, todas elas sorprendentes pola súa calidade plástica pero máis aínda polo que supón de procura constante, como mostra do seu incansable anhelo pola excelencia. (...)". Extracto da introdución do libro por Juan Rodríguez e Carlos Seoane.

 

mi área privada