Novas de arquia/publicacións


Presentación da nova colección arquia/contextos en Barcelona

04 DICIEMBRE 2015 / PUBLICACIÓNS

O próximo día 21 de decembro ás 19 h, na libraría Alibri de Barcelona, levarase a cabo a presentación da colección arquia/contextos, unha coedición entre a Fundación Arquia e Los libros de la Catarata, en que intervirán:

Gerardo García-Ventosa, Dr. arquitecto e director da Fundación Arquia

Pedro Azara, Dr. arquitecto e profesor de estética, autor do libro "Cuando los arquitectos eran dioses"

Juli Llueca, arquitecto e autor do libro "Guía emocional del autopromotor"

Anna e Eugeni Bach, arquitectos, profesores e autores do libro "Más vivienda por menos"

O acto terá lugar o luns, 21 de decembro de 2015, ás 19.00 h, na Libraría Alibri na rúa Balmes, 26, Barcelona. (Capacidade de 45 a 100 persoas).

A nova colección arquia/contextos intégrase dentro das actividades da institución e caracterízase principalmente pola difusión da cultura arquitectónica e a aproximación da figura do arquitecto á sociedade.

O "contexto" actual fai pertinente un achegamento á cidadanía da utilidade dos coñecementos, servizos e habilidades dos arquitectos, coa finalidade de afianzar criterios que permitan unha maior compresión do quefacer arquitectónico e a súa contribución á sociedade. 

 

 

mi área privada