Novas de arquia/publicacións


Arquia/temas 34: «Introducción al urbanismo»

03 ENERO 2012 / PUBLICACIÓNS
A urbanística para Marcel Poëte (1866-1950) é á vez ciencia e arte: xunto con datos estatísticos manexa coñecementos arquivísticos variados para a cidade antiga e moitos outros documentos para a cidade moderna, nunha tarefa na que cómpre recorrer a crónicas, vistas, historias locais, descricións e até a obras literarias co fin de acadar o coñecemento do organismo urbano para intervir nel. A apreciación de que as esixencias do home non só son de orde material e a existencia da cidade antiga como categoría interpretativa, xunto co estímulo que obtiña do afondamento dos seus estudos nas máis diversas fontes, actuaron para que fose nesta obra onde o autor propuxese a busca dun método de análise da estrutura urbana, unha «ciencia da observación» que permitise recoñecer as trazas orixinarias dun asentamento e reconstruír as fases sucesivas do seu desenvolvemento como forma de orientarse con seguridade á hora de proporcionar unha proxección de futuro. O seu logro foi recoñecido ao ser considerado un dos referentes significativos para a construción dunha teoría racional da arquitectura cimentada no estudo das relacións existentes entre a análise urbana e o proxecto arquitectónico. Todo isto segundo pon de manifesto Donatella Calabi no seu prefacio a esta edición.
 

mi área privada