Novas de arquia/publicacións


Descarga de balde de arquia/teses 10 «Apuntes de viaje al interior del tiempo», de Luis M. Mansilla

07 MARZO 2012 / FUNDACIÓN

Arredor dunhas ruínas e unhas paisaxes italianas case sempre inmutables, observando as notas, fotografías e apuntamentos que deixa o rastro da viaxe, a contigüidade das imaxes tenta imaxinar como as distintas formas en que algúns arquitectos representan o que nos arrodea son unha declaración de intencións sobre a súa posición ante a cultura, o observador e a natureza.
A materia é inerte e muda, mais, ao rabuñala, ao rozar coa vida, ao mudala de sitio, xa non só amosa o que é, senón tamén o que querería ser, a súa vocación e os seus afáns. Unha vocación que necesariamente expresa (e oculta) un entendemento do mundo. Un entendemento que pode ser visto case en termos físicos... Fronte á teimosa determinación da natureza, o home e a muller sublévanse para procurar un espazo mental propio, presidido pola liberdade: liberdade para situarse ante un mundo (imaxinando que pode ser modificado) e unha cultura (imaxinando que pode ser comprendida). Polo tanto, un espazo animado polo potencial das cousas, como se no noso modo de xacer no mundo puidésemos reivindicar o posible, aquilo que poder ser feito, fronte ó sentimento que nos transmite o distancia coa vida. Luis M. Mansilla

 

mi área privada