Novas de arquia/publicacións

Actividades de outono da XI BEAU – 14 de decembro de 2011

30 NOVIEMBRE 2011 / PUBLICACIÓNS

Seguen as actividades da XI BEAU. O próximo 14 de decembro de 2011 podes asistir ás 13.00 na Escola Técnica Superior de Arquitectura e Xeodesia da Universidade de Alcalá á presentación dos PFC premiados de Rodrigo García González e Gonzalo Vaíllo Martínez. A conferencia será presidida por José M.ª Sánchez García.

Ademais, no aulario da Arquería de Nuevos Ministerios, ás 18.30, presentaranse as obras premiadas coa participación de Llop/Jornet/Pastor, Creus/Carrasco, Juan Herreros e OAB (Ferrater/Martí). Seguirá a actividade «Aproximación crítica» con Maria Rubert e que moderará Joaquín Sabaté.

Actividades de outono da XI BEAU – 30 de novembro de 2011

24 NOVIEMBRE 2011 / FUNDACIÓN

Seguen as actividades da XI BEAU. O próximo 30 de novembro de 2011 podes asistir ás 13.00 na Escola Técnica Superior de Arquitectura e Xeodesia da Universidade de Alcalá á presentación dos PFC premiados de M.ª Asunción Ibáñez Roselló e Gustavo Vítores Lemos. A conferencia será presidida por Magen arquitectos

 

Descarga de balde de arquia/teses 01 «La lección de las ruinas», Alberto Ustárroz

23 NOVIEMBRE 2011 / FUNDACIÓN

Xa está dispoñible para os usuarios FQ para descarga de balde en PDF a publicación arquia/teses 01 «La lección de las ruinas. Presencia del pensamiento griego y del pensamiento romano en la arquitectura» de Alberto Ustárroz.

Lección que recolle a particular relación que a arquitectura, como pensamento e práctica, estableceu coas ruínas, isto é, con fragmentos do seu pasado grego e romano: un pasado que constitúe a medula da tradición arquitectónica. 

Actividades de outono da XI BEAU – 23 de novembro de 2011

18 NOVIEMBRE 2011 / FUNDACIÓN

Continúan as actividades da XI BEAU. O próximo 23 de novembro de 2011, podes asistir ás 13.00 na Escola Técnica Superior de Arquitectura e Xeodesia da Universidade de Alcalá á presentación dos PFC premiados de Anna Prats Subiranas e Amaya Roca Rivero. A conferencia será presidida por Josep Camps e Olga Felip. 

Ademais, no aulario da Arquería de Nuevos Ministerios, ás 18.30, presentaranse as obras premiadas coa participación de Alberola/Díaz Mauriño/Martorell, Toni Gironès e Eduard Bru. Seguirá a actividade «Aproximación crítica» con Andrés Cánovas e que moderará Joaquín Sabaté.

Arquia/temas 33: «Miralles 1972-2000»

14 NOVIEMBRE 2011 / PUBLICACIÓNS

Sae á venda o núm. 33 da colección arquia/teses «Miralles 1972-2000»

A arquitectura de Miralles ten un transfondo inequívoco: medir a disciplina co devir. Por iso, non é de estrañar que a reflexión sobre o tempo sexa o fío condutor do seu traballo. Tempo implícito e provocador cando Blanchot anunciaba que, no recordo, liberábase o pasado. Así Miralles, ao pedirlle un estudante que lle aclare que entende por tempo, responde: «[…] entendo o tempo físico que se obtén nun lugar determinado… Cando empezas a traballar, a primeira pregunta que cómpre facer é cal é a natureza do momento en que comezas? Isto non implica continuidade co pasado. Se cres que o pasado é un aspecto do futuro, entón sorprenderíaste do que podes facer».

Convocatoria da VIII BIAU

11 NOVIEMBRE 2011 / FUNDACIÓN

Iniciouse a convocatoria da VIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo que se celebrará en setembro de 2012 en Cádiz.

Actividades de outono da XI BEAU - 16 de novembro de 2011

11 NOVIEMBRE 2011 / PUBLICACIÓNS

Seguindo coas actividades da XI BEAU, o próximo 16 de novembro de 2011 podes asistir ás 18.30 no aulario da Arquería de Nuevos Ministerios (Madrid) ás presentacións das obras premiadas; participarán Alberola/Díaz Mauriño/Martorell, Toni Gironès e Eduard Bru. Seguidamente, realizarase a actividade «Aproximación crítica. Vivendas?» con Andrés Cánovas e que moderará Joaquín Sabaté. 

Novo visualizador en PDF do catálogo da XI BEAU

03 NOVIEMBRE 2011 / PUBLICACIÓNS

Xa está dispoñible na web da fundación a visualización en PDF do catálogo da XI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, «Lo próximo, lo necesario». Podes consultalo dende a ficha da publicación.

O novo visualizador de PDF que che ofrece a Fundación Caixa de Arquitectos permite a impresión ou descarga por proxectos ou de todo o documento. Ademais, incorpora funcionalidades como inserir notas, un marcapáxinas que permite ir sinalando os proxectos interesantes e unha selección de ferramentas de edición e debuxo

Actividades de outono da XI BEAU – 2 de novembro de 2011

28 OCTUBRE 2011 / PUBLICACIÓNS

Continúan as actividades da XI BEAU. O próximo 2 de novembro de 2011 podes asistir ás 17.30 na Escola Técnica Superior de Arquitectura e Xeodesia da Universidade de Alcalá a «A bienal dos nenos: o teu barrio próximo».

Ademais, no aulario da Arquería de Nuevos Ministerios, ás 18.30, presentaranse as obras premiadas coa participación de Enric Ruiz-Geli, Josep M.ª Vilanova / Ricard Pie, Alfons Soldevila e Patrizia dei Monti / Ignacio Grávalos. Seguirá a actividade Aproximación crítica con María Teresa Muñoz e que moderará Félix Arranz.

Aproximaciones activas: Libro catálogo: Fundación Caixa de Arquitectos

11 OCTUBRE 2011 / PUBLICACIÓNS

O vindeiro mércores 19 de outubro de 2011, iníciase a programación de inverno da XI BEAU. Os actos terán lugar ás 18.30, na Arquería de Nuevos Ministerios (Paseo de la Castellana 67, 28046 Madrid), para continuar posteriormente coa inauguración da exposición oficial da XI BEAU. 


mi área privada