Aviso legal

Condicións xerais:
O acceso ao portal de Internet do Grupo Arquia e ao seu contido implica a aceptación das condicións que se contemplan neste aviso legal. Por esa razón, recomendámoslle que o lea con atención se desexa ou necesita acceder e/ou usar a información e os servizos que se ofrecen neste sitio web.

As condicións que figuran neste aviso legal son as vixentes á data da súa última actualización e poderán ser modificadas polo Grupo Arquia en calquera momento e sen aviso previo. Nese caso entrarán en vixencia as novas dende esa data e serán de aplicación a todos os usuarios.

Os usuarios comprométense a utilizar este sitio web respectando as condicións que nel se expoñen. O Grupo Arquia resérvase o dereito para emprender as accións legais que estime oportuno para esixir as responsabilidades de calquera tipo que se deriven do seu incumprimento.

Este sitio web ten por obxecto informar sobre produtos e servizos que ofrece o Grupo Arquia, comunicarse coa entidade e coñecela mellor, así como permitir aos seus clientes o acceso aos servizos ofrecidos na súa banca en liña e facilitar aos usuarios e clientes da Fundación Arquia o acceso aos seus programas. Tamén pretende informar sobre feitos, actividades e iniciativas das entidades do grupo, así como ofrecer consellos sobre seguridade que lle poden resultar de interese ao usuario.

Propiedade intelectual e industrial:
O Grupo Arquia é titular do dominio do portal e do seu contido, o que inclúe as súas páxinas, información e elementos que consten neles: logotipos, marcas, nomes comerciais, gráficos, textos, documentos, bases de datos, programas informáticos e outros compoñentes protexidos por dereitos de propiedade intelectual e industrial dos que o Grupo Arquia sexa titular ou lexítimo licenciatario.

Será necesaria a autorización expresa, previa e por escrito, do Grupo Arquia para reproducir, distribuír, explotar, ceder, comunicar publicamente ou facer calquera outro uso de calquera elemento ou información que conste no portal mediante calquera tipo de soporte ou medio.

O Grupo Arquia, e sempre baixo autorización expresa, permite incorporar noutros sitios web enlaces a algunhas das súas páxinas. Para iso, ao abrirse, a páxina deberá aparecer nunha xanela independente do navegador e non formar parte de marcos en que figuren outros contidos.

Grupo Arquia:
O Grupo Arquia está composto actualmente, para os efectos sinalados neste documento, polas seguintes entidades:

Arquia Banca (Caixa de Arquitectos S. Coop. de Crédito NIF F08809808).
Arquia Gestión (Arquigest SA Sociedad Gestora de Instituciones de Inversión Colectiva NIF A58073388).
Arquia Pensiones (Arquipensiones SA Entidad Gestora de Fondos de Pensiones NIF A58843301).
Arquia Seguros (Arquiseguros Correduría de Seguros de la Caja de Arquitectos SA NIF A59697573).
Fundación Arquia (Fundación Caixa de Arquitectos, NIF G59417279)
Arquia Gestión de Activos SA (NIF A65910614).

O Grupo Arquia ten como actividades principais a oferta e prestación de produtos e servizos financeiros e de seguros de toda clase, a xestión de activos inmobiliarios, e a promoción e difusión de actividades culturais e sociais.


Política de privacidade

Política de privacidade e protección de datos:
Conforme ao disposto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), os datos persoais que se recollen a través dos distintos formularios das páxinas deste portal son incorporados polo Grupo Arquia a ficheiros da súa titularidade e inscritos na Axencia Española de Protección de Datos. Así mesmo, eses datos trátanse unicamente para prestar o servizo solicitado e son necesarios para o seu cumprimento e xestión, e non para outra finalidade distinta; e só os cedería a terceiros se fose estritamente necesario; para o que o usuario autoriza ao tratamento e posible cesión de tales datos.

O usuario, ou propietario dos datos de carácter persoal, poderá exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, en particular os de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito coa referencia «Protección de datos de carácter persoal» dirixido ao domicilio social de cada empresa do Grupo Arquia, ou ben a través do enderezo de correo electrónico lopd@arquia.es.

O Grupo Arquia asegura un ético, correcto e estrito cumprimento de uso e de tratamento dos datos de carácter persoal, gardando, ademais, o debido segredo e confidencialidade. Co fin de dispor da máxima integridade dos datos dos nosos clientes e usuarios, solicitámoslles a estes que nos comuniquen o máis axiña posible as modificacións e correccións que correspondan. Polo mesmo motivo, cando o usuario deba ou necesite cumprimentar formularios, deberá cubrilos con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados.


Política de Internet

Condicións de uso para o usuario:
O usuario deste portal, das súas páxinas e contido adquire o compromiso de facer un uso lícito e correcto deles.

Prohíbese estritamente realizar calquera tipo de actividade ilícita ou ilexítima, ou que tente suplantar a identidade de calquera persoa física ou xurídica, ou interferir ou alterar os sistemas de información.

O Grupo Arquia resérvase o dereito a tomar as medidas e accións que estime conveniente e a excluír do servizo, sen previo aviso, o usuario que incorra nalgunha actividade ou conduta das citadas.

Validez da información:
O Grupo Arquia non asume ningún tipo de responsabilidade pola información, contidos, produtos ou servizos que do Grupo Arquia se faga noutros sitios ou páxinas web distintos das propias do grupo.

O Grupo Arquia resérvase o dereito de impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente tanto ao portal coma ao seu contido cando o estime conveniente. Do mesmo xeito, resérvase o dereito de introducir modificacións e omitir en todo ou en parte a información e contido deste sitio web.

A información contida no portal web do Grupo Arquia é a vixente na data da súa última actualización. Os seus contidos, en especial os concernentes a aspectos publicitarios e informativos, son orientativos e non constitúen oferta vinculante, agás que se indique expresamente o contrario. Calquera ampliación da información que atope neste sitio web seralle facilitada en calquera das oficinas de Arquia Banca. Tamén poderá atopar neste portal unha listaxe das oficinas cos correspondentes enderezos. En caso de diverxencia entre a información e contidos que figuren no sitio web e os que se ofrecen na rede de oficinas, prevalecerán estes últimas.

Responsabilidades:
O Grupo Arquia non asume ningún tipo de responsabilidade provocado polos erros que puidesen producirse polo feito de usar incorrectamente o navegador, por un mal funcionamento deste ou por utilizar versións de navegador non actualizadas.

Tampouco asume responsabilidade ningunha sobre prexuízos, reclamacións, danos, contratempos, perdas, gastos, quebrantos etc. ocasionados por circunstancias, feitos ou calquera outra causa allea ao control do Grupo Arquia (como avarías telefónicas, corte na subministración eléctrica, virus, sobrecargas ou erros en liñas ou redes de telecomunicación etc.).

O Grupo Arquia non se fai responsable da información que figure noutros sitios web sobre o noso grupo ou que conteña ligazóns a este portal non sendo que exista autorización expresa.

O Grupo Arquia non se responsabiliza da información e condicións sobre produtos e servizos, nin contido de calquera tipo sobre terceiros que se publicitan neste portal.

O Grupo Arquia non se fai responsable da información, ligazóns, hipervínculos ou links e outros contidos que poidan ser introducidos por terceiros nos espazos habilitados para o efecto no portal web do Grupo Arquia e, en especial, da licitude da información introducida polos usuarios da banca en liña (Arquia Red) e dos diversos programas da Fundación Arquia (como Próxima, Bolsas etc.), así como da falta de veracidade que eses usuarios proporcionen sobre si mesmos a outros usuarios.

Así mesmo, o Grupo Arquia non se fai responsable dos danos e prexuízos que poidan orixinarse como consecuencia da introdución por parte dos usuarios de virus ou calquera outro elemento lesivo, por razón do uso, dos servizos ofrecidos no portal e, en particular, os derivados da banca en liña (Arquia Red) e dos diversos programas da Fundación Arquia (como Próxima, Bolsas etc.).

Denominación social:
Caixa de Arquitectos. S. Coop. de Crédito – NIF F08809808 – Rex. Banco de España núm. 3183. Rexistro Mercantil de Barcelona, tomo 20161, folio 1, folla núm. B-2363.

Domicilio social:
rúa Arcs 1, 08002 Barcelona (España)

Portal de Internet «www.arquia.es»:
O dominio «arquia.es» é propiedade de Caixa de Arquitectos. S. Coop. de Crédito e atópase rexistrado no Rexistro Mercantil de Barcelona.

Marca «arquia»
«Arquia» e «Arquia Banca» son marcas rexistradas cuxa titularidade recae en Caixa de Arquitectos. S. Coop. de Crédito (expedientes M-2439485 e M-3520243, respectivamente, e ambos con Clasificación de Niza 36 seguros, negocios financeiros; negocios monetarios; negocios inmobiliarios)

mi área privada