Novas da Fundación arquia


INTELIXENCIA COLECTIVA 2.0 de Zoohaus levou o premio arquia/próxima 2012 dotado con 15 000 euros

03 MAYO 2012 / PRÓXIMA

O xurado que se reuniu o pasado 12 de abril na sede da Caixa de Arquitectos de Madrid valorouna como un exemplo completo e complexo de NOVOS FORMATOS, tanto no que respecta á forma de traballar (un colectivo de colectivos —Zoohaus está composto por Zuloark, Pez [estudio], León 11, entre outros—), coma no soporte (web).

Valórase especialmente unha proposta de traballo en equipo que desenvolve un proxecto de investigación e difusión en rede, unha base de datos aberta e participativa, baseada na análise e cartografado de prototipos e detalles construtivos. Ademais, sinálase a realización como xeradora de novos procesos, un auténtico formato transformador.

O xurado, que preseleccionou 398 das 1 445 novas realizacións presentadas na presente edición, elixiu as 120 realizacións que formarán parte do catálogo virtual, así como as 24 realizacións que serán presentadas polos seus autores no marco do III FORO ARQUIA/PRÓXIMA A CORUÑA 2012: NOVOS FORMATOS que terá lugar o próximo 25 DE OUTUBRO na Coruña e sobre o que vos iremos informando.

Canto ás 120 realizacións catalogadas e as 24 seleccionadas, o xurado quixo mostrar aqueles novos «papeis» cos que os xoves arquitectos están a desenvolver o seu traballo na procura de novos formatos, ben a través de encargas ou autoencargas, novas fórmulas de colaboración en grupo ou colectivos, activismo social e participación cidadá, urbanismo de acción, novos medios de comunicación aplicados á arquitectura, así como unha nova sensibilidade respecto ao construído.

PARABÉNS A TÓDOLOS CATALOGADOS E SELECCIONADOS!

 

 

mi área privada