Novas da Fundación arquia


Descarga de balde de «SPAINLAB Spanish Pavilion. La Biennale de Venezia 2012»

27 AGOSTO 2012 / PUBLICACIÓNS

Xa está dispoñible para os usuarios FQ para descarga de balde en PDF a publicación SPAINLAB Spanish Pavilion. 13th International Architecture Exhibition. A bienal de Venecia 2012

Este libro pretende trazar unha perspectiva ampla sobre o tema escollido como leitmotiv polos comisarios, Antón García-Abril e Débora Mesa, para o Pavillón de España na 13.ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia: a innovación. Con este propósito, a publicación estrutúrase en tres partes diferenciadas. Após a presentación a cargo das institucións e os artigos dos comisarios, preséntanse sete pequenos cadernos de investigación dedicados respectivamente aos equipos participantes (Ecosistema Urbano, Vicente Guallart —como arquitecto xefe do Concello de Barcelona—, Menis Arquitectos, RCR Aranda Pigem Vilalta Arquitectes, Enric Ruiz Geli / Cloud 9, Sancho-Madridejos Architecture Office e selgascano) que inclúen a planimetría das instalacións, escritos-manifesto e unha entrevista realizada polos editores do catálogo (Inma E. Maluenda e Enrique Encabo). Finalmente, unha selección de imaxes do pavillón serve como colofón ao corpo crítico, unha entrevista inédita de Hans Ulrich Obrist a Miguel Fisac e un ensaio de Nader Tehrani, que ofrece unha particular ollada sobre o pasado e o futuro da innovación na arquitectura en España.

 

mi área privada