Novas da Fundación arquia


A FUNDACIÓN PRESENTA O PROGRAMA CULTURAL ARQUIA/FILMOTECA

18 SEPTIEMBRE 2012 / FILMOTECA

O novo programa cultural da Fundación Caixa de Arquitectos constitúese como marco de referencia en liña, promoción e difusión do feito arquitectónico, dando valor aos documentos audiovisuais sobre a arquitectura e os arquitectos e mostrando a súa dimensión creativa, cultural e social.

ARQUIA/FILMOTECA diríxese principalmente aos profesionais, estudantes e institucións do sector que, unha vez acreditados na plataforma da fundación, poden acceder ao visionamento en liña gratuíto mediante streaming dende calquera dispositivo: iOS (Mac, iPad, iPhone) ou Android (PC, tablet, smartphone).

O catálogo en liña dispoñible, de renovación anual, presenta as obras en versión orixinal (VO) e organízase en tres seccións temáticas:

DOCUMENTAIS:obras cinematográficas, fundamentalmente de non ficción, de ámbito internacional.

CONFERENCIAS: audiovisuais de conferencias e mesas redondas realizadas polos Colexios de Arquitectos e Escolas de Arquitectura españolas, así como outras institucións culturais afíns ao sector, bienais ou congresos.

COOPERACIÓN: destinada á divulgación de audiovisuais sobre accións de cooperación no ámbito da arquitectura, realizadas por ONG, fundacións afíns e entidades sen ánimo de lucro.

O programa aberto de actividades e servizos da filmoteca, que se actualiza decontino, presentará ciclos documentais e a retransmisión en directo/diferido de eventos sobre arquitectura, así como o servizo «Solicitude de proxección en salas» que permite ás salas non-comerciais (entrada de balde) de institucións culturais a emisión dalgúns dos documentais publicados na colección de DVD ARQUIA/DOCUMENTAL.

 

mi área privada