Novas da Fundación arquia


XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. INFLEXIÓN / TURNING POINT

03 ABRIL 2013 / FUNDACIÓN

O Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, en colaboración co Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) e a Fundación Caixa de Arquitectos, convoca a XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo correspondente ao bienio 2011-2012.

A arquitectura española atópase nun punto de inflexión como consecuencia de diversas circunstancias que se acentuaron en tempos recentes. En resposta a esta situación, a XII Bienal Española, as institucións que a promoven e os seus directores (Fuensanta Nieto e Enrique Sobejano) pretenden mostrar o recoñecemento desta realidade e expresar o seu apoio a aquelas actuacións que mellor representen a reflexión arredor das anteriores cuestións, así como a vontade de afrontalas e superalas positivamente.

Calendario

Preinscrición: A partir do 4 de abril de 2013

Data límite inscrición e envío dixital de propostas: 24 de abril de 2013
Data límite remisión do panel impreso: 29 de abril de 2013
Data límite presentación pública da decisión do xurado: 31 de xullo de 2013

Información e consultas consultas.beau@cscae.com

 

mi área privada