Novas da Fundación arquia


Premios FAD 2013: arquia/teses 36 «Plan Poché», Premio FAD 2013 de Pensamento e Crítica, e «La Cimbra» 10, «La arquitectura como arte impuro», finalista.

03 JUNIO 2013 / PUBLICACIÓNS

O xurado decidiu conceder o Premio FAD 2013 de Pensamento e Crítica á publicación «Plan Poché» de Raúl Castellanos Gómez pertencente á colección arquia/teses, xunto a outras dúas publicacións, e outorgou a condición de finalista á publicación «La arquitectura como arte impuro» de Antón Capitel pertencente á colección «La Cimbra», xunto a outras catro obras. Ambas as publicacións están editadas pola Fundación Caixa de Arquitectos.

A celebración e entrega dos premios FAD 2013 terá lugar o vindeiro 11 de xullo na futura sede do FAD: o Disseny Hub Barcelona na praza de les Glòries, 37-38.

Os premios FAD de Arquitectura e Interiorismo enmárcanse dentro da terceira edición do FADfest, o evento que une todos os premios de deseño do FAD e que terá lugar en Barcelona do 25 de xuño ao 11 de xullo de 2013. 

Consulta aquí a acta do xurado dos Premios FAD de Pensamento e Crítica. 

Podes consultar aquí as obras seleccionadas e as obras finalistas nos Premios de Arquitectura e Interiorismo 2013.

 

mi área privada