Novas da Fundación arquia


PREMIOS DA XII BIENAL ESPAÑOLA DE ARQUITECTURA E URBANISMO 2013 —Inflexión/Turning Point—

28 JUNIO 2013 / FUNDACIÓN

 

O xurado da XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo 2013 premia 15 propostas e recoñece como finalistas 27 obras e proxectos.

É de salientar o elevadísimo número de propostas presentadas (583) que esixiu un difícil traballo de análise e selección á hora de identificar os aspectos máis notables tanto dende un punto de vista colectivo coma específico de cada proxecto arquitectónico e urbanístico. As obras presentadas abarcaron, como era de esperar, escalas moi distintas que inclúen pequenas intervencións, rehabilitación de edificios existentes, obras de nova execución, actuacións de transformación urbana e ordenacións territoriais.

Contemplando en conxunto as obras analizadas, apréciase, en comparación con outras edicións, o aumento do número de proxectos de intervención e reutilización de edificios existentes, tanto de valor patrimonial coma noutros tipos de estruturas; a menor presenza relativa dos programas de vivenda colectiva; a ascendente, ben que aínda reducida participación de obras realizadas fóra das nosas fronteiras e, finalmente, a aparición de proxectos baseados en estratexias de carácter social e participativo levados a cabo por colectivos profesionais novos.

Consulta aquí a memoria da bienal, así como as imaxes dos proxectos premiados e dos proxectos finalistas.

 

mi área privada