Novas da Fundación arquia


Documental en DVD+libro: arquia/documental 27. KISHO KUROKAWA

15 NOVIEMBRE 2013 / AUDIOVISUAIS

Kisho Kurokawa (1934-2007) foi o máis novo dos arquitectos fundadores do Metabolismo, o primeiro movemento de arquitectura xaponesa xurdido tras a Segunda Guerra Mundial e manifestado, en 1960, por Noboru Kawazoe, Kiyoshi Awazu, Kiyonori Kikutake, Kisho Kurokawa, Fumihiko Maki e Masato Otaka. Eles imaxinaron unha nova dirección para o futuro da arquitectura xaponesa e o urbanismo. En 1997, Docomomo Internacional (Documentación e Conservación do Movemento Moderno) incluíu a Torre Cápsula no rexistro do patrimonio mundial de edificios modernos e, en 2006, Docomomo Xapón, entre as 125 arquitecturas modernas distintivas de Xapón.

O documental La Torre Cápsula de Nakagin revisita o edificio de dúas torres centrais de formigón ás que se conectan 140 cápsulas prefabricadas pensadas como nichos futuristas para empresarios modernos en Tokio. É a demolición unha traxedia ou un fenómeno natural da arquitectura moderna? Responderán residentes do edificio, un historiador de arquitectura, un ex arquitecto do estudio de Kurokawa a cargo do proxecto, o fillo de Kurokawa, Arata Isozaki, e Toyo Ito.

 

mi área privada